Prepararse para partir

Foto: Mateo Fontán Couto Desde setembro de 2018 un novo número viu a luz dentro da colección Coñecer Santiago, cidade educadora. Trátase dunha moi interesante guía didáctica que leva por título: O cemiterio compostelán de Boisaca e o patrimonio funerario. Non obstante, o contido do libro supera en moito a promesa do título xa que se trata dun  conciso percorrido polas manifestacións funerarias ao longo do tempo en Galicia. A obra está editada polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e coordinada por Carmen María Sánchez Arines.…

Ver+

Sete equipos disputarán a primeira fase de zona do Club de Debate. Pontevedra

‣ O tema de debate: Hai racismo e xenofobia en Galiza ‣ A cita terá lugar no Pazo da Cultura o vindeiro mércores 13 de marzo. ‣ Os equipos son dos IES Valle Inclán (2), Sánchez Cantón (2) e Luís Seoane de Pontevedra; do IES Mendiño de Redondela e do Colexio San Narciso de Marín   O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro mércores 13 de marzo, dende as 9.30 horas da mañá e ao longo de todo o día, a primeira fase de zona do Club de Debate. Participarán…

Ver+

Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla; Ruta da Traslatio

Dezaoito concellos das dúas marxes da ría de Arousa e municipios da beira do Ulla, organizan cada ano unha peregrinación que rememora a translación do corpo do Apóstolo Santiago dende Jaffa (Palestina) ata Iria Flavia, localidade dende a que, segundo a tradición, foi conducido a Compostela. O remonte realízase tódolos anos durante o mes de agosto, e a saída realízase dende un dos municipios costeiros da ría de Arousa. Concellos e outras institucións poñen a disposición das persoas interesadas en participar varias embarcacións, nas que o público en xeral e…

Ver+

‘Wikimaraton’ en Ourense, para incluír na Galipedia biografías de mulleres galegas

A Biblioteca Pública de Ourense acolle este sábado 9 de marzo, a segunda edición do ‘Wikimaratón’ para introducir na Galipedia biografías de mulleres galegas. A actividade, enmarcada no programa do Día da Muller e coincidindo co 16 aniversario da Galipedia, está aberta a toda a cidadanía e pretende pór en valor a figura de mulleres destacadas en diferentes ámbitos que non teñen a merecida referencia na enciclopedia galega en liña. A Biblioteca Pública porá ao servizo de todas as persoas que queiran anotarse ao wikimaratón ordenadores e fondos bibliográficos. Así,…

Ver+

Bravú e Castelao, propostas escolares da Concellería de Normalización Lingüística. Pontevedra

O rock cantado en galego é o protagonista da exposición Bravú XX que chega á EPA Río Lérez e Castelao está no centro da camiñada que fará maña xoves un grupo de escolares do CEIP Froebel. Son dúas propostas da programación a prol do uso da lingua que promove a Concellería de Normalización Lingüística nos centros educativos. Exposición Bravú XX. Até o 25 de marzo na EPA Río Lérez A noite Santos de 1994, nunha taberna de Viana, Chantada, naceu o bravú. Unha etiqueta creada polos propios músicos que serviu…

Ver+

Visitando o Centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO). Soutelo de Montes

Foto: Museos de Galicia Atópase na Rúa do Pouso en Soutelo de Montes. Nel poderemos ver unha ampla exposición de elementos e pezas da cultura tradicional galega, que abarca desde finais do século XIX ata máis ou menos os anos 70 do século XX. A exposición vainos  adentrando na vida cotiá a través dos diferentes elementos distintivos etnográficos da comarca como poden ser a gandería, a agricultura e oficios propios. Atoparémonos que o Centro está situado nunha vivenda que nela mesma, é un exemplo da arquitectura de Terras de Montes. Na…

Ver+

‘Chiloé. Unha ollada Compartida’ e ‘Retratos documentados’. Fotografía espello de Galicia

Estes dous libros de fotografía de Jose Luís Abalo, tráennos o reflexo de Galicia, fóra e dentro da nosa terra. No primeiro caso en ‘ Chiloé, Unha Ollada Compartida’, prodúcese o fenómeno de sentir a nosa terra e vela reflectida, alén do atlántico, en Chile, en concreto na illa de Chiloé.   –¿Pero cómo hizo usted para navegar diez mil millas en una noche? Estamos en mi tierra –Perdone usted, estamos en la mía –¿pero no es esto Ortigueira en Galicia? –No señor, es Quellon, en Chiloé Eduardo Blanco Amor…

Ver+

Do Lobo

Lobo ibérico. (Fotografía: www.eldiario.es) Durante séculos o lobo posuíu un forte compoñente simbólico nas diferentes poboacións, maiormente de carácter negativo. Por isto, o seu legado etnográfico resulta amplo e fortemente suxestivo: mitos e lendas, medicina tradicional, refráns, cancións e danzas, trampas lobeiras, etc. Para a protección contra o lobo encomendámonos a santos como San Francisco de Asís, San Froilán ou San Brais, entre outros, que obtiveron moita devoción sobre todo durante o medievo. O perigo que o lobo representou sempre para o gando fíxoo un ser indesexable nas comunidades rurais,…

Ver+

Programa Entroido Verín 2019

Dende o 21 de Febreiro ao 10 de Marzo, as rúas e prazas de Verín acollen a celebración do Entroido 2019, unha das celebracións máis ancestrais e participativas de Galicia, que foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional no ano 2009. PROGRAMA OFICIAL XOVES DE COMPADRES (21 de febreiro) Os “compadres”, dan o pistoletazo de saída ao tradicional Entroido de Verín que arrinca tras a primeira saída dos cigarróns. As 00:00 horas, tras as típicas ceas nos restaurantes da localidade, Os “compadres” percorrerán, ataviados cos seus característicos chapeus, bigotes e gabardinas,…

Ver+

Galerías de fotos do desenvolvemento do Entroido 2019 en Xinzo de Limia

¬CLICK AQUÍ Petardazo 19 ¬CLICK AQUÍ Fareleiro 19  ¬CLICK AQUÍ Colgamento do Meco 19 ¬CLICK AQUÍ Album Oleiro 2019 Petardazo 2019  Fonte: Concello de Xinzo de Limia

Ver+