O Festival ‘Pórtico do Paraíso’ recibe o selo de calidade europeo 2019-2010. Ourense

O Festival Internacional de Música de Ourense ‘Pórtico do Paraíso’, que celebra a súa décimo segunda edición do 15 ao 24 de marzo, acaba de recibir o Selo de Calidade Europeo EFFE Label 2019-2020. Así llelo fixo saber, este xoves 21, a secretaria xeral da European Festivals Association (EFA), Kathrin Deventer, aos responsables do Pórtico do Paraíso en nome do xurado internacional de EFFE (Europe For Festivals, Festivals For Europe). O EFFE Label é o Selo de Calidade Europeo que se lles concede a aqueles festivais que amosan o seu compromiso…

Ver+

Chega Ben veñas, Maio! . Pontevedra

Chega unha nova edición de Ben veñas, Maio!, o programa que promove a Concellería de Normalización Lingüística xunto cos equipos de normalización (ENL) dos institutos de Pontevedra co fin de promover o uso do galego entre a mocidade, a través das artes. Unha mostra de teatro escolar e seis certames de creación forman o programa, que este ano introduce a categoría de videoclip musical, froito da reformulación do certame musical. As aoutras categorías son: Banda deseñada, narración curta, fotografía, poesía e curtametraxe. O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou…

Ver+

Día de Rosalía no Concello de Bueu

Os actos centrais serán este domingo, 24 de febreiro no Parque Ramal dos Galos, onde terán lugar unha lectura pública da obra de Rosalía, un obradoiro de creación de chapas e un concerto de Xardín Desordenado. O Concello de Bueu únese aos actos de celebración polo Día de Rosalía. Os actos centrais serán este domingo, 24 de febreiro, a partir das 11.30 horas no Parque Ramal dos Galos, onde terá lugar un obradoiro de creación de chapas con frases da obra rosaliana, unha lectura pública e rematarase cun concerto de…

Ver+

Pontevedra celebra o Día de Rosalía con música e literatura reivindicativa

O acto terá lugar o domingo 24 de febreiro, ás 12.00 horas, no Sexto Edificio do Museo e contará coa actuación de Ugía Pedreira e A Banda da loba. O Concello de Pontevedra organiza o vindeiro domingo 24 de febreiro a celebración do Día de Rosalía baixo o lema “Cantare, galegas!”. O fío condutor da celebración será o manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que escribiu a xornalista e poeta Ana Romaní. No texto invócase o compromiso social da obra rosaliana, a denuncia das inxustizas, a identificación…

Ver+

O teatro en galego copa a axenda cultural do Auditorio; rematando co día de Rosalía. Ourense

O teatro invade o Auditorio de Ourense esta semana, con ata catro representacións de diferentes compañías galegas: Ítaca Teatro, a ourensá A quinta do cuadrante, e Entremáns. Pechará a semana o musical Rosalía Pequeniña, unha montaxe musical para festexar o Día de Rosalía (a poeta), con Uxía Senlle, Sergio Tannus e Héctor Lorenzo sobre o escenario. A oferta cultural complétase con senllas exposicións no Museo Municipal e outra, dedicada ao escultor Antón Faílde, na sala Valente. Porén, a cultura da cidade celebra, a partir deste xoves, unha das celebracións máis senlleiras…

Ver+

Proxección día 22 de febreiro: Dogman. Cineclube Carballiño

Pechamos este mes de febreiro o proximo venres día 22 coa última e impactante película de Matteo Garrone, Dogman. Cunha maxistral interpretación de Marcello Fonte no seu personaxe protagonista (Mellor actor no Festival de Cannes e nos Premios do Cine europeo). Unha excelente reflexión sobre a condición humana e os límites da dignidade. Os pases serán neste caso os dous en versión dobrada ao castelán, tanto o das 20:00 como o das 22:30 horas, coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño. +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Proxección día 15 de febreiro: “Un día más con vida”. Cineclube Carballiño

Este venres día 15 de febreiro continuamos con película premiada nos Goya 2019, neste caso o premio á mellor película de animación. Un día más con vida. Grabada coa técnica de rotoscopia, e gañadora tamén do Premio á Mellor pelicula  de Aminación nos Premios do Cine Europeo e do Premio do Público no pasado Festival de San Sebastián,  baséase no relato autobiográfico de Ryszard Kapuscinski dos derradeiros días de Angola como colonia portuguesa O primeiro pase sufrirá unha variación con respecto ao noso horario habitual, sendo ás 20:30. O segundo será coma sempre ás 22:30 horas, neste caso en…

Ver+

Martirio e Mónica de Nut abren no Principal o programa do 8-M . Pontevedra

A concelleira de Igualdade e Cultura, Carme Fouces, presentou o que será o segundo concerto do ciclo ‘Contrariadas’ e avanzou parte das actividades do Concello de Pontevedra para o próximo mes: “Marzo é un mes moi activo a nivel social e dende o Concello acompañamos este fervedoiro de actividades feministas coa nosa programación”. Protagonizado desta volta por Martirio e Mónica de Nut, mantén a súa liña de achegar mulleres artistas cargadas de estilo e personalidade. “Pertencentes a épocas diferentes, pero ámbalas dúas cunha forza vocal e interpretativa indescriptibles, representan á…

Ver+

Teatro, Música e Humor. Esta semana no Auditorio de Ourense

MALO SERÁ! Xoves 7 de febreiro, 20:30 horas. Auditorio. Entradas desde 10 euros. Un programa de humor gravado nos grandes teatros de Galicia, con público en directo. Malo será! quere facernos rir cunha sucesión de sketches sobre temas universais mesturados con chiscadelas ás distintas localidades onde actúa, e protagonizados por un elenco de actores e actrices galegas recoñecidos polas súas actuacións en programas televisivos e conducidos por Marta Doviro. Unha banda de música en directo e unha vistosa escenografía completan os argumentos dunha oportunidade única para achegar a televisión e o humor.…

Ver+