Libros, música, teatro, deporte e reivindicación a prol da lingua. 17 M Pontevedra

Pontevedra celebrará cun amplo e variado programa de actividades o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Antonio Fraguas. Libros, música, teatro, contacontos, xadrez e tamén reivindicación teñen cabida na programación. Propostas para o Día das Letras Galegas: Os libros saen a rúa De 12.00 a 14.30 e de 17.30 a 20.30 horas nos Soportais da Ferrería Dez librarías visibilizan e promocionan os libros galegos e en galego. Sinatura de autores: Arantza Portabales, Ledicia Costas (mañá), Pedro Feijoo e Iria Collazo (tarde) Organiza: Concellería…

Ver+

Concerto das Letras Galegas. Liceo de Ourense

O Liceo de Ourense vai a celebrar o Día das Letras Galegas o vindeiro xoves as oito da tarde con un Concerto de Emilio Rúa e Rosa Cedrón, unha proposta conxunta que mestura cancións propias con cancións populares galegas, un concerto acústico dende o principio ata o fín.  O Concerto está patrocinado pola Dirección Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia.

Ver+

Actividades do Concello de Ourense no Día das Letras Galegas

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día das Letras 2019 cun programa de actividades especificamente dirixidas a cativada e outras para persoas de todas as idades que se desenvolverán durante a  semana. O venres, 17 de maio, a Sala Valente acollerá ás 11.30 horas un concerto didáctico a cargo do Capitán Garfo: “Cociñando música”. Ás 12.30h, no mesmo espazo desenvolverase o acto institucional co concerto “Cantos de terra e sal”, de Carmen Penim e Banda. Xa pola tarde, ás 7, a festa sairá á rúas cun desfile da…

Ver+

IV Edición de Enxebre Swing Festival. Bueu (programa)

O festival ofrecerá actividades dirixidas a bailaríns de lindy hop (lindy hoppers), pero tamén actividades dirixidas a tódolos públicos. Ademáis de persoas das Rías Baixas, o festival acollerá asistentes de toda Galicia, Cantabria, Girona, Madrid, Zamora, Portugal e ata de Inglaterra e Holanda. O festival arrica o xoves 16 de maio ás 18.30h cunha clase aberta de lindy hop no Paseo da Banda do Río de Bueu, impartida por Elena Branco e Jorge Patiño de Swing On School. Ese mesmo día, os asistentes poderán seguir bailando no mesmo lugar despois…

Ver+

Éxito do II Concurso de Música Tradicional de Soalleira. Sanxenxo

Onte, 12 de maio, no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán tivo lugar o II CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL SOALLEIRA, no que participaron un total de 39 agrupacións. A organización correu a cargo da Asociación Cultural Soalleira de Dorrón coa colaboración do Concello de Sanxenxo, como parte da programación do Sanxenxo Fala promovido pola Consellería de Cultura. En total repartíronse en premios, 3500€ en premios entre os grupos gañadores de 4 categorías, clasificadas polas idades dos participantes. As categorías A e C actuaron pola mañá e as categorías B e D…

Ver+

Gala de entrega dos Premios Ben Veñas Maio. Pontevedra

Mañá xoves 9 de maio coñeceranse aos gañadores/as dos certames Ben Veñas Maio! deste ano das distintas categorías: videoclip musical, fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía e curtametraxes. Será na gala de entrega dos premios cando se desvelen os nomes dos galardoados. A gala terá lugar no Teatro Principal, ás 20.30 horas e contará coa actuación musical de “Limbo”, do IES A Xunqueira. A entrada é libre. Ben veñas, Maio! é un proxecto que promove a Concellería de Normalización Lingüística xunto cos equipos de normalización (ENL) dos institutos de Pontevedra…

Ver+

Programa da MITEU (Maio). Mostra Internacional de Teatro Universitario. Ourense

  martes 7 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL GRUPO: TEATRO ESPRESSIVO (COSTA RICA) ESPECTÁCULO: La construcción del muro [+ INFO] mércores 8 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL GRUPO: TEATRO LA POLEA (NICARAGUA) ESPECTÁCULO: La emigrante, la Nica [+INFO] 21’30 NO AUDITORIO MUNICIPAL GRUPO: TEATR’UBI (PORTUGAL. COVILHÃ) ESPECTÁCULO: Cântico negro [+INFO] xoves 9 de maio 20’30 NO AUDITORIO MUNICIPAL GRUPO: ALBERTO SAN JUAN & FERNANDO EGOZCUE (MADRID) ESPECTÁCULO: España ingobernable [+INFO] venres 10 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL GRUPO: LOS PINCHES CHAMACOS (MÉXICO) ESPECTÁCULO: Papá está en la Atlántida [+INFO] 22’30 NO AUDITORIO MUNCIPAL GRUPO: TEATRO DEL BARRIO (MADRID) ESPECTÁCULO: La sección (Mujeres en el fascismo español) [+INFO] sábado 11 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL CLAUSURA DA XXIV MITEU Entrega de Premios do Xurado…

Ver+