Bueu celebra este domingo o IV Memorial de Traiñeiras Pepe O Ruso

Tras o éxito das tres primeiras edicións, o Club do Mar de Bueu, coa colaboración do Concello de Bueu, organiza este domingo, 20 de xaneiro, o IV Memorial Pepe o Ruso, unha regata a contrarreloxo na que participarán un total de 27 embarcacións. Así o apuntaron os membros da directiva do club, Rosa María Carballo e Javier Pazos, na rolda de prensa que se celebrou este mediodía no salón de plenos do Concello de Bueu, e na que tamén estiveron presentes o alcalde, Félix Juncal, e o concelleiro de deportes,…

Ver+

III Canicross Ourense

Ourense acollerá o próximo domingo, 20 de xaneiro, o III Canicross Oira – A Lonia, unha proba organizada pola Asociación Cultura e Deportiva de Propietarios de Mascotas de Ourense, APMOU, que aposta por estreitar os lazos entre a cidadanía e as súas mascotas, e que conta coa colaboración do Concello de Ourense. A presentación desta proba tivo lugar este xoves nun acto que contou coa presenza da concelleira de Sanidade, Sofía Godoy; do concelleiro de Medio Ambiente,  José Araújo; o xerente do Consello Municipal de Deportes,  Mario González; a presidenta…

Ver+

XXXIV Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 en Pista Cuberta. Ourense

A cidade de Ourense reunirá este domingo a mellor selección de atletas da comunidade coa disputa do  XXXIV Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 en Pista Cuberta. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Deportes, Mario Guede, o vicepresidente Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Eladio Gómez e o delegado en Ourense,  Ángel Fidalgo, e a interventora de Expourense, Cristina Álvarez, participaron na presentación da proba, que terá lugar na pista cuberta de Expourense, en xornada de mañá e tarde. En xornada…

Ver+

O Campionato Galego Máster de Inverno de Natación reunirá a 439 nadadores de 26 clubs diferentes. Pontevedra

As piscinas de Pontemuíños acollen esta fin de semana -19 e 20 de xaneiro- o Campionato Galego Máster de Inverno de Natación, unha cita que reunirá na cidade a 439 nadadores: 261 varóns e 178 mulleres. A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, presentou hoxe a cita deportiva xunto co presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño e Amparo Porta, presidenta do Club Natación Galaico. As sesións desenvolveranse na tarde do sábado (de 17.00 a 19.50 horas) e na mañá e tarde do domingo (de 10.00 a 12.50 horas e…

Ver+

A 5ª Gladiator Race Pontevedra abre as inscricións . Pontevedra

Nova cita coa historia na cidade de Pontevedra.  O sábado 1 de Xuño (dende as 15.00 horas) terá lugar na Illa das Esculturas  a quinta edición da Gladiator Race. Cando no 2015 nacía este evento, poucos pensaban que se ía converter  nun dos obxectivos da tempada de moitos deportistas galegos. O formato, novidoso na nosa comunidade; a espectacular contorna elexida, a variedade de probas e obstáculos, fai que sexa todo un reto de superación para os participantes:  máis de 2200 en pasadas edicións. Este ano haberá tamén novidades mais manteranse…

Ver+

Trece infografías con mapas para guiar as carreiras do Mundial Multisport 2019. Pontevedra

Un total de 13 infografías con todos os datos precisos para o seguimento e a percepción de cada carreira do Multisport 2019 foron presentadas hoxe pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro e o autor do traballo, Xan Sabarís. Riveiro agradeceu “o magnífico traballo informativo, dirixido tanto aos deportistas como ao público en xeral” e declarouse orgullosa de que o traballo se fixese “na casa”. Mostrouse moi satisfeita co devalar dos preparativos do Multisport: “Iniciamos moi ben o ano co Campionato de España de Ciclocrós, nun gran ambiente e con moitísima…

Ver+

Historia do Club Ourense Baloncesto

Foto:www.clubourensebaloncesto.com/ O Club Ourense Baloncesto é un club de baloncesto español con sede en Ourense, Galicia, . Na tempada 2014/2015 compite na LEB Ouro. O 2 de xuño de 2015 logra o ascenso á liga ACB. O Club Ourense Baloncesto fundouse en 1978 como Club Bosco-Salesianos. Nos primeiros anos o primeiro equipo disputou a Liga de Terceira División. En 1980, o club conseguiu o seu primeiro patrocinador importante (“Aspol”) e pasou a denominarse Bosco Aspol. O equipo ía en crecemento e ao ano seguinte “Fajauto Electromecánica” converteuse no patrocinador do club.…

Ver+

Historia da Sociedad Deportiva Teucro – Pontevedra

Foto: http://www.teucro.com/ Vicedecano do balonmán español, a Sociedad Deportiva Teucro naceu o 4 de maio de 1945. O club abarcaba 11 modalidades deportivas: ximnasia, atletismo, fútbol, baloncesto, balonmán, remo, natación, hóckei, ciclismo, xadrez e ping-pong. A Sociedad Deportiva Teucro é un equipo de balonmán de Pontevedra. Actualmente compite na Liga Asobal, tras o ascenso acadado na campaña 2014/15, despois de 6 tempadas na División de Prata. En 1948 organiza a Fase Final do Campionato de España de balonmán (na modalidade de a once), como premio á boa traxectoria do equipo. Na Fase…

Ver+

D. Estanislao Reverter Sequeiros fillo predilecto da cidade de Ourense

foto: Wikipedia (Publicado 12 Xullo, 2016) Estanislao Reverter Sequeiros, “Lalao”, será oficialmente dende este mércores fillo predilecto da cidade de Ourense a título póstumo. O acto protocolario no que se oficializará ese nomeamento terá lugar no Salón de Plenos ás 12:00 horas, que culminará ás 13:30 horas co descubrimento da placa conmemorativa “Xardíns Estanislao Reverter”, na rúa Concello, ao carón da Subdelegación do Goberno e da escultura dedicada a Reverter, segundo o artigo 18 do Regulamento de Honores e Distincións do Concello de Ourense. Con este nomeamento dáse cumprimento ao expediente…

Ver+