Na 56ª Feira do Viño do Ribeiro gozaremos de catas e showcookings

A organización da Feira do Viño do Ribeiro (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro), que este ano alcanza a súa 56ª edición, da a coñecer as actividades enogastronómicas que terán lugar os días 3, 4 e 5 de maio de 2019 en Ribadavia. Nos showcookings de este ano, na primeira xornada, o sábado día 4 de maio contarase coa presencia de cociñeiros tan destacados como a galardoada o presente ano cunha Estrela Michelín, Lucía Freitas (Restaurante A Tafona – Santiago de Compostela), que impartirá o seu obradoiro dende as 12.00…

Ver+

1º Consello de nenos e nenas en Allariz.

O salón de plenos do Concello de Allariz acollerá, hoxe ás 11:30h, a primeira sesión do consello de nenos e nenas. Nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria do Colexio Padre Feijóo de Allariz, dous por aula, formarán xunto coas vogalías de adultos/as o Consello de nenos e nenas da localidade. Escoitarán, proporán e discutirán sobre asuntos que afectan á infancia e difundirán as novas ao resto de compañeiros e compañeiras. O primeiro consello terá lugar mañá cuxa orde do día centrarase na mobilidade no tramo de…

Ver+

A obra teatral ‘Mariana’será inclusiva para persoas con diversidade auditiva, visual e intelectual. Ourense

A obra teatral Mariana, que se representa hoxe venres no Auditorio Municipal organizada polas concellerías de Igualdade e de Cultura coa finalidade de sensibilizar sobre a violencia de xénero e a visibilidade da muller na sociedade a través da historia de Mariana Pineda, a muller que fixo fronte ao absolutismo de Fernando VII, será inclusiva para todos os colectivos con diversidade auditiva, visual e intelectual. As persoas xordas disporán de subtítulos, son amplificado e bucle magnético. as persoas cegas ou con visibilidade reducida poderán dar un paseo táctil ás 19.30 horas…

Ver+

Proxección domingo día 17: ‘Cinema Paradiso’. Cineclube Carballiño

Domingo día 17  ás 19:00 horas Unha auténtica xoia, una desas películas que gusta, e moito, prácticamente a todo o mundo: Cinema paradiso. Será dentro do ciclo para conmemorar os 50 anos do cine club. Dirixida por Giuseppe Tornatore, obtivo multitude de premios: Globo de Ouro, Oscar a méllor película no 89, Palma de Ouro en Cannes ese mesmo ano…Unha película inolvidable e una moi boa ocasión para voltar a vela en pantalla grande. +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

‘Taras’ e ‘Or@perucita’ de Mónica Filgueira. Museo Municipal de Ourense

O Museo Municipal de Ourense inaugura, dúas novas exposicións de Mónica Figueira. Baixo o seudónimo de Môf la sinvergüenza, a artista ourensá presenta ‘Or@perucita’ e ‘Taras’, dúas propostas diferentes entre si pero igualmente comprometidas nas que afloran os sentidos, a paixón, os medos, o sexo e a vida. Permanecerán na sala III (segundo andar) deste espazo expositivo até o 28 de abril. ‘Or@perucita’ é unha transgresión dos canons, unha volta de folla a ese personaxe feminino da nosa literatura infantil. Unha instalación para un non-conto feito a golpe de óleos…

Ver+

A Asociación Down de Ourense e Concello, promoverán actividades educativas para favorecer a inclusión social

O Concello de Ourense e a Asociación Down Ourense asinaron un protocolo de cooperación educativa para a promoción do Día Mundial da síndrome de Down (o 21 de marzo), a difusión dun vídeo divulgativo e a promoción de diferentes actividades educativas nos centros escolares da cidade. A través deste acordo preténdese sensibilizar a sociedade para aproximarse as persoas con discapacidade intelectual e favorecer a inclusión educativa e social das persoas con síndrome de Down ou con outras discapacidades intelectuais. Así, ambas as dúas partes promoverán actuación conxuntas para dar visibilidade…

Ver+

Concello e Mercado de Abastos colaborarán para actividades lúdicas escolares. Ourense

O Concello de Ourense e o Mercado de Abastos número 1 de Ourense veñen de asinar un protocolo de colaboración para a posta en marcha de distintas actividades lúdico-educativas entre os escolares da cidade ao longo deste ano que contribúan á educación para o consumo responsable entre a rapazada, así como para potenciar o desenvolvemento do comercio local. O Concello de Ourense colaborará coa Asociación de Comerciantes e Industriais do Mercado de Abastos dándolle difusión as actividades programadas a través da Concellería de Educación, co gallo de potenciar a educación…

Ver+

Proxección ‘Las guardianas’. Cineclube Carballiño

Venres día 15 de marzo proxección da película francesa Las guardianas. Dirixida por Xavier Beauvois e protagonizada por Nathalie Baye e Iris Bry. A historia está ambientada durante a primeira guerra mundial, cando os homes están na fronte e son as mulleres as encargadas de sacar o traballo adiante  no campo.  Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. No Auditorio Municipal Manuel María ¬PARA SABER MÁIS CLICK AQUÍ

Ver+

Festival de Música ‘Pórtico do Paraíso’, danza, teatro… Esta semana en Ourense

O espectáculo de danza Entresoños, da compañía de Fran Sieira, iniciará mañá, xoves, unha fin de semana cargada de cultura que inclúe o inicio da edición número 12 do Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso, a estrea de Mariana, de Palmyra Teatro, no marco das actividades co gallo do Día Internacional das Mulleres, e unha nova cita co teatro infantil con E-book: As idades do libro. EntreSoños (14 de marzo, 20.30h, Auditorio) é unha obra de baile e música tradicional galega de 70 min de duración, cun elenco artístico de 3 bailadores/cantadores:…

Ver+