Memorial Miguel Ángel González. Vilagarcía de Arousa

Coa primeira fin de semana do período de Semana Santa chega a Vilagarcía o primeiro evento deportivo habitual nestas datas. Trátase do XVI Memorial Miguel Ángel González Estévez de baloncesto organizado polo CLB en colaboración coa Fundación Municipal de Deportes. Vinte e dous equipos infantís femininos e masculinos de Galicia, Valladolid e Portugal competirán no torneo que arrancoú onte 12 de abril, ás 16:30 horas e que se desenvolverá ata o domingo ás 14.30 horas nas instalacións de Fexdega. A novidade deste ano é a incorporación do Breogán masculino. Vilagarcía…

Ver+

Obras seleccionadas dos concursos de carteis e fotografía da Festa da Troita. Ponte Caldelas

En Ponte Caldelas a 01 de abril de 2019 e de conformidade coas bases que rexen o concurso de selección do cartel oficial e de fotografías da LIII Festa da Troita se realiza o cómputo dos votos presentados e procédese á apertura dos sobres cos datos persoais dos participantes e a comprobación do cumprimento dos requisitos establecidos nas bases. Proclamándose como gañadores dos concursos convocados os seguintes: XVIII Concurso de Carteis: – C17: Verdugo Duende. Dª Maria del Carmen Guzmán Araujo. XVIII Concurso de Fotografía: – 1º premio: f 39.…

Ver+

XXVII CONCURSO LITERARIO XAIME ILLA COUTO. Fallo do Xurado. Poio

Os membros do Consello Municipal de Cultura que valoraron a totalidade de traballos presentados,  e a súa Presidenta, a Concelleira de Cultura, Lidia Salgueiro Piñeiro, trasladan os seus parabéns a cada un dos gañadores/as, e o agradecemento a todos os/as participantes que se presentaron ao concurso, así como a imprescindible colaboración do profesorado dos centros e colectivos participantes nesta iniciativa. Na sesión ordinaria do Consello Municipal de Cultura do día 10 de abril de 2019 fallou o resultado do Concurso Literario Xaime Illa Couto 2019 , resultando gañadores/as nas diferentes…

Ver+

Os mundiais de tríatlon contarán coa presenza de 50 voluntarios portugueses . Pontevedra

O Concello de Pontevedra asinou hoxe un convenio de colaboración co Instituto Portugués do Desporto e da Juventude -situado en Porto- para reglar a participación de 50 voluntarios portugueses nos vindeiros mundiais de tríatlon. O convenio foi asinado pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro en nome do Comité organizador do 2019 Pontevedra ITU Multisport Triathlon World Championships. O acto celebrouse na Casa do Desporto, en Porto, e comezou cunha xuntanza política e tamén técnica na que participaron Anxos Riveiro os coordinadores do voluntariado dos campionatos, xunto a Vitor Baltazar Dias,…

Ver+

Pontevedra conmemorará os 850 anos do Foro da cidade

O Concello de Pontevedra celebrará ao longo deste 2019 os 850 anos do Foro de Pontevedra, o documento asinado polo rei Fernando II en 1169 que dá privilexios aos vasalos locais, e que vai conformando os primeiros chanzos do que logo será a esplendorosa vila de Pontevedra. A Concellaría de Cultura será a encargada de pór en marcha unha serie de actividades e actos para conmemorar os 850 anos deste documento, que na actualidade se conserva no Museo de Pontevedra. Está prevista unha publicación na que participan unha ducia de…

Ver+

1º Certame de Regueifas do Concello de Sanxenxo

Hoxe pola mañá tivo lugar no auditorio do pazo Emilia Pardo Bazán, o I Certame de Regueifas do Concello de Sanxenxo, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do IES Sanxenxo en colaboración cos Equipos de Dinamización Lingüística do IES Vilalonga e Colexio Abrente. A idea é achegar a poesía, a regueifa e a improvisación dunha maneira lúdica ao alumnado dos centros de secundaria do municipio coa finalidade de fomentar a oralidad, a creación artística, eliminar prexuízos lingüísticos e recuperar a regueifa como unha tradición propia e un medio de achegamento…

Ver+

Campamento de verán de ESO a Mondariz. Concello de Sanxenxo

Desde o próximo 23 de abril ata o 15 de Maio, todos aqueles nenos e nenas de Educación Secundaria Obrigatoria que estean interesados en participar no campamento de verán, poderán inscribirse para solicitar a súa praza. O campamento farase do 23 ao 26 de xullo en Mondariz. No campamento poderán realizar actividades como tirolesa, rocódromo, kaiak, wakeboard, hípica, pádel surf e moitas máis. O prezo do campamento será de 180€ e para máis información ou para formalizar a inscrición poderá solicitarse no Pazo Emilia Pardo Bazán, de luns a venres…

Ver+

A marcha nocturna a prol da doazón. Pontevedrada-2019

Pontevedrada 2019. Estamos na conta atrás da novena edición da camiñada “Agasalla vida” a prol da concienciación da importancia da doazón altruísta (de órganos, sangue, tecidos….) que promove a Asociación de Amigos da Pontevedrada (Asampo) co soporte do Concello. A Pontevedra terá lugar o sábado 27 de abril e a estimación de participación ronda as 2.000 persoas. “A Pontevedrada fala moi ben da organización que a promove e do compromiso dos pontevedreses, e non pontevedreses, coa doazón de órganos, de sangue…” indicou o alcalde Miguel Fernández Lores, quen hoxe presentou…

Ver+

Arte e moda no 1º andar do Mercado de Pontevedra. Sétima Feira

O primeiro andar do mercado de abastos encherase de novo de moda, arte e deseño o vindeiro sábado 13 de abril. Unha nova edición de Sétima Feira, o mercado alternativo de Pontevedra, ocupará este espazo renovado, a “súa sede natural” como o ten definido a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías. A cita coa Sétima Feira incluirá, como é habitual, actuacións musicais, obradoiros infantís e oferta gastronómica. As persoas que se acheguen o sábado até o primeiro andar do mercado, de 11.00 a 15.00 horas, atoparanse coas propostas das seguintes…

Ver+