Escolares de Sanxenxo aprenderán normas básicas de seguridade viaria para previr sinistros de tráfico

Fundación MAPFRE, en colaboración co Concello de Sanxenxo, poñerá en marcha, do 22 ao 26 de abril, a Caravana de Seguridade Viaria. Unha actividade educativa gratuíta na que os máis pequenos aprenderán a comportarse de forma responsable e segura como peóns, como viaxeiros e como condutores de bicicletas. Durante a actividade, expertos na materia transmiten a nenos de entre 8 e 12 anos a importancia de usar os sistemas de retención infantil, abrocharse correctamente o cinto, utilizar o casco ciclista e establecer contacto visual cos condutores ao cruzar a vía…

Ver+

Pontevedra conmemorará os 850 anos do Foro da cidade

O Concello de Pontevedra celebrará ao longo deste 2019 os 850 anos do Foro de Pontevedra, o documento asinado polo rei Fernando II en 1169 que dá privilexios aos vasalos locais, e que vai conformando os primeiros chanzos do que logo será a esplendorosa vila de Pontevedra. A Concellaría de Cultura será a encargada de pór en marcha unha serie de actividades e actos para conmemorar os 850 anos deste documento, que na actualidade se conserva no Museo de Pontevedra. Está prevista unha publicación na que participan unha ducia de…

Ver+

Festival Internacional de Poesía de Pontevedra. Chega PontePoética’9

Manuel Vilas, Valter Hugo Mäe, Jan Wagner, Antònia Vicens, Castillo Súarez, Baldo Ramos, Pilar Pallarés, Ismael Ramos e Silvia Penas… un elenco de luxo que fala de calidade, variedade e compromiso coa poesía. Chega o Festival Internacional de Poesía de Pontevedra, PontePoética’9. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou hoxe a novena edición do festival e fíxoo acompañada de Yolanda Castaño, directora de PontePoética e de Antón Sobral, directivo do Ateneo de Pontevedra, os alma mater dunha cita, cuxa continuidade -estamos no noveno ano- é un fito ao que se…

Ver+

“I Semana Ourensá de Análise política”. Ourense

A Deputación de Ourense e a Fundación Castelao organizan a “I Semana Ourensá de Análise Política” centrada nas visións e perspectivas da organización territorial do Estado. Este ciclo de conferencias desenvolverase do 8 ao 12 de abril, ás 20.00 horas, na antiga Biblioteca no Pazo Provincial, e comezará hoxe, luns, 8 de abril, con Javier Pérez-Royo, quen analizará a cuestión da “Constitución 40 anos despois. Problemas e solucións”. Ao día seguinte, será a quenda para a “Vindicación da España constitucional” da man de Roberto Blanco Valdés. O mércores, 10 de…

Ver+

Programa de Actividades para “Os gozosos anos 30”. Bueu

8 – 21 DE ABRIL O espírito da cultura que converteu a vila Bueu nun fervedoiro artístico nos anos 30 será lembrado durante o mes de abril cunha serie de charlas, exposicións e festa na que serán protagonistas persoas como a pintora Maruja Mallo, os escritores Gonzalo Torrente Ballester e Rómulo Gallegos, o xornalista e alcalde Johán Carballeira, o fotógrafo José Suárez, ou o publicista Federico Ribas. A proposta que nace desde a concellaría de cultura, dirixida polo nacionalista Xosé Leal, buscará “recrear o ambiente de esplendor artístico e cultural…

Ver+

Formación en igualdade para veciños e asociacións. Sanxenxo

O vindeiro día 09 de abril ás 19:30h no Pazo Emilia Pardo Bazán, terá lugar unha xornada de formación en IGUALDADE de oportunidades entre homes e mulleres para persoal das Asociacións do Concello de Sanxenxo, e demais veciños e veciñas interesados en asistir. O papel das persoas integrantes de asociacións como axentes socializadores e de cambio, resulta fundamental para o crecemento da nosa sociedade, polo que a introdución de principios básicos de igualdade entre mulleres e homes nos parece necesario e de aplicación continuada. O obxectivo  é achegar a igualdade…

Ver+

Programación Ateneo de Ourense nas próximas datas

Día 6, sábado, ás 17:00 horas: Xadrez. Rolda 10. Liga Galega por equipos. Segunda División Grupo F. Ateneo de Ourense – Attake Peonil (No local da Sociedad Artística La Troya). Día 8, luns, ás 17:00 horas: Conferencia: “As violencias invisibeis na violencia machista” con Rocha Rousia. Conferencia: “Enpoderamento feminino a través da visión transpersoal dunha mesma en conxunto coas iguais” con Inma G. Rodicio. Organiza: As do 8. (Na sede temporal do Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Progreso 30).

Ver+

Conferencia: “Derogar a LOMCE. Un reto educativo” . Ateneo de Ourense

Hoxe  4, xoves, ás 20:00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel Falarán: un representante da Fundación Luis Tilve – Entidade organizadora -, don Rogelio Pérez Poza pola Asociación de Renovación Pedagóxica Escola Viva e don Guillermo Meijón Couselo, Deputado e Vicepresidente 1º da Comisión de Educación.

Ver+

Contacontos familiar dedicado á figura de Luis Seoane. Museo de Pontevedra

O venres 5 de abril ás 18 h vaise realizar no Sexto Edificio unha sesión de contacontos dedicado á vida e á obra de Luis Seoane. Está realizado por “Polo Correo do Vento” e dirixido a un público familiar a partir de 5 anos. O relato, narrado por Enrique Mauricio, será ilustrado en vivo polo debuxante Carlos Taboada, que rematará a actividade realizando coas nenas e os nenos un pequeno obradoiro de debuxo. Luis Seoane (Buenos Aires, 1910 – A Coruña, 1979) é a figura homenaxeada este ano pola Real…

Ver+

Homenaxe ás vítimas pontevedresas do nazismo

“Un acto indispensable de memoria, de xustiza simbólica, de reparación simbólica”. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará presentou hoxe o acto de homenaxe aos pontevedreses vítimas do nazismo que terá lugar nas Ruínas de San Domingos, o vindeiro sábado 6 de abril, ás 12.30 horas. NOTA: POLA PREVISIÓN DE MAL TEMPO TRASLÁDASE O ACTO AO TEATRO PRINCIPAL Manuel Coto Martínez, Urbano Sanmartín Abilleira, Antonio Gómez Torres, Claudio Tizón Vázquez, Macario Cortegoso Rodríguez (Julio) e Manuel Pérez Taboada son os nomes dos seis veciños do Concello de Pontevedra que, segundo…

Ver+

Conferencia ‘Educar en el asombro’. Sanxenxo

Será o vindeiro venres 5 de abril ás 20.00 h co título “Educar en el  asombro”. Baixo este título a conferenciante abordará as claves para conseguir que un neno, e logo un adolescente, actúe con ilusión, sexa capaz de estar quieto observando con calma o que lle rodea, pense antes de actuar e estea motivado para aprender sen medo ao esforzo. E é que Catherine L´ Ecuyer quere incidir na súa intervención no perniciosa que pode ser a hipereducación ou o desexo de moitos pais de que os seus fillos/…

Ver+