Unha porta que leva aos xardíns

Foto: Mateo Fontán Couto Dentro do programa adscrito ao LV Concurso Exposición Internacional da Camelia, celebrado en Pontevedra, presentouse o día dez de marzo o libro Xardíns históricos de Pontevedra, cuxo subtítulo convida: Un paseo por 20 xardíns singulares da provincia. Trátase dun volume de case trescentas páxinas editado pola Deputación de Pontevedra que vén ocupar un espazo destacado na, andavía pouco nutrida en estudos, historia da xardinería galega. Os autores son: Carmen Salinero, Ángeles Barros, Gaspar Bernárdez, Xesús Fernández e Antonio Rigueiro. Tras os saúdos pertinentes da Presidenta da…

Ver+

Bases Certame de Relatos Matilde Bares. Bueu

O Concello de Bueu abre o prazo para participar no X Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, que se estende ata o 30 de decembro. O extracto das bases publicouse este martes no Boletín Oficial da Provincial, polo que a partir de mañá xa se poderán presentar relatos en lingua galega que traten  temas relacionados co fomento da igualdade entre mulleres e homes, a corresponsabilidade nas obrigas familiares e sociais ou a violencia de xénero. Segundo establecen as bases, os orixinais poderán presentarse por dúas vías: ou ben no…

Ver+

Pontevedra acolle o Parlamento de Escritoras-es que reflexionará sobre Identidade e dereitos civís

‣ Mesas redondas, grupos de traballo e un recital literario  artellarán a actividade, promovida pola AELG e o Concello ‣ Terá lugar os días 15 e 16 de marzo en tres escenarios: Pazo  de Mugartegui, Pazo da Cultura e Teatro Principal ‣ O recital que porá o ramo ao Parlamento será o sábado, ás  19.30 horas e nel estarán, entre outros: Manuel Rivas, Xosé María Álvarez Caccamo, Tamara Andrés, Antonio García Teijeiro e Eli Rios Dúas xornadas, tres escenarios -Pazo de Mugartegui, Pazo da Cultura e Teatro Principal- , un formato novidoso e…

Ver+

Prepararse para partir

Foto: Mateo Fontán Couto Desde setembro de 2018 un novo número viu a luz dentro da colección Coñecer Santiago, cidade educadora. Trátase dunha moi interesante guía didáctica que leva por título: O cemiterio compostelán de Boisaca e o patrimonio funerario. Non obstante, o contido do libro supera en moito a promesa do título xa que se trata dun  conciso percorrido polas manifestacións funerarias ao longo do tempo en Galicia. A obra está editada polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e coordinada por Carmen María Sánchez Arines.…

Ver+

Presentacion de “Algunos abuelos de la democracia” de Alfonso García López. Ourense

13 de marzo 20:00h; no Centro Cultural Marcos Valcárcel É o título do novo libro de Alfonso García López, no que nos presenta o resultado de anos de investigación sobre os perfís dos avós de algúns dos políticos demócratas máis relevantes dos nosos días. “Algunos abuelos de la democracia”   Aínda que é prematuro, farei unha breve referencia ao meu último libro, Algúns avós da democracia, a petición do noso Presidente, Antonio Álvarez, pois non estará terminado ata a segunda quincena do mes de xaneiro. Quen son os avós da democracia dos que…

Ver+

Bueu continúa apostando pola educación como eixe de cambio de cara ao Día das mulleres

A concellaría de igualdade de Bueu, dirixida por Ana Isabel Otero Pastoriza, xa ten lista a programación especial para o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, na que ten un papel salientable o alumnado dos centros educativos da vila, tal e como se vén facendo nos últimos anos. De aí que se convocasen dous concursos sobre a temática da igualdade no traballo dirixido aos máis novos e novas, e o próximo xoves ás 11.30 h celebrarase un pleno pola igualdade, no que participarán o alcalde e o alumnado da…

Ver+

‘Chiloé. Unha ollada Compartida’ e ‘Retratos documentados’. Fotografía espello de Galicia

Estes dous libros de fotografía de Jose Luís Abalo, tráennos o reflexo de Galicia, fóra e dentro da nosa terra. No primeiro caso en ‘ Chiloé, Unha Ollada Compartida’, prodúcese o fenómeno de sentir a nosa terra e vela reflectida, alén do atlántico, en Chile, en concreto na illa de Chiloé.   –¿Pero cómo hizo usted para navegar diez mil millas en una noche? Estamos en mi tierra –Perdone usted, estamos en la mía –¿pero no es esto Ortigueira en Galicia? –No señor, es Quellon, en Chiloé Eduardo Blanco Amor…

Ver+

Nova edición do concurso Lingua de Namorar. Barbadás

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presenta unha nova edición do certame en liña de mensaxes de amor en galego, Lingua de namorar 2019, dirixido a todas as mozas e mozos de 14 a 35 anos. As mensaxes de amor deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso. A extensión máxima da mensaxe será de 350 caracteres, incluídos os espazos en branco. Para participar no concurso,  terás que cubrir e enviar ¬ este formulario. ¬Bases completas do concurso. O prazo para enviar as mensaxes remata o…

Ver+

María López Correa gaña o IX Certame de Relatos de Muller Matilde Bares. Bueu

A viguesa María López Correa resultou gañadora do IX Certame de Relatos de Muller Matilde Bares co relato “As fillas da Manola”, composto por catro historias de diferentes mulleres emparentadas entre si, unidas pola soidade ante os atrancos das súas vidas. Nelas reálzase a importancia da creación dunha rede de apoio entre as mulleres. Así o destacou o xurado que se reuniu esta mércores nas dependencias do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e que estivo composto por Marta Currás, María del Carmen Caramés e Carlos Freire, os tres con…

Ver+

Cesantes, Trasmañó e Ventosela

Fotografía: Mateo Fontan Couto O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela, que tantas iniciativas saca cara adiante, tivo a ben a posta en marcha dunha serie de publicacións dedicadas ás parroquias do municipio. As tres primeiras xa están pola segunda edición, son as que falan de Cesantes, Trasmañó e Ventosela na pluma de tres bos coñecedores destas paraxes. Para a parroquia de Cesantes contouse coa autoría de Lola Míguez, integrante do Seminario de Estudos Redondeláns, a cal mediante un relato curto introduce ao lector nas vicisitudes emocionais deste lugar. Elías…

Ver+