Bueu celebrou este domingo o Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro

Participaron máis dunha vintena de grupos. Así, tras o desfile e a posterior queima do paxaro na Banda do Río (o cal foi elaborado polo ilustrador local Marc Taeger), o xurado foi o encargado de anunciar os premios: na categoría das comparsas de Bueu. O 1º premio, dotado con 100 € foi para “Asociación As Faltriqueiras” e o 2º, de 50 € para “Os do Pinsel”; nas agrupacións de máis de quince compoñentes, “Viaxeiros no tempo” fíxose co primeiro posto de 250 €, “El oeste de los Monpitunis” co 2º…

Ver+

Bueu continúa coa celebración do Entroido

O pasado sábado, 2 de marzo, o Concello de Bueu organizou, entre outros eventos, un concurso de disfraces para adultos na carpa da Praza Massó. Foi unha noite de festa amenizada pola Discocleta, e na que resultaron gañadores/as: na categoría de grupo, o primeiro premio foi para os “Africanos Zulús” e o 2º para “Manolo e Concha”, mentres que na modalidade individual, o 1º recaeu en “A marquesa das alfombras” e o 2º en “Carneiro”. Os premios consistiron en vales de compra para o comercio local, para o que se…

Ver+

Premiados Entroido 2019. Ourense

Comparsas con menos de 10 compoñentes:   1.- Noticieiro da Ribeira Sacra (400€) 2.- Modas Primavera (300€) 3.- Picos e Plumas (200€)   Comparsas con máis de 10 compoñentes:   1.- Paseo por el palacio (900€) 2.- As estrelas da noite (700€) 3.- Azucarados de Maside (500€)     Premio especial á comparsa máis numerosa: Érase una vez la fantasía de los cuentos (300€)   Premio especial á comparsa máis ocorrente ou graciosa: Os San Fermín do Bentxo (300€)   Premio especial á comparsa co mellor deseño: Érase unha vez o teatro (300€)   Premio…

Ver+

María López Correa gaña o IX Certame de Relatos de Muller Matilde Bares. Bueu

A viguesa María López Correa resultou gañadora do IX Certame de Relatos de Muller Matilde Bares co relato “As fillas da Manola”, composto por catro historias de diferentes mulleres emparentadas entre si, unidas pola soidade ante os atrancos das súas vidas. Nelas reálzase a importancia da creación dunha rede de apoio entre as mulleres. Así o destacou o xurado que se reuniu esta mércores nas dependencias do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e que estivo composto por Marta Currás, María del Carmen Caramés e Carlos Freire, os tres con…

Ver+

O CIFP Portovello e a profesora e investigadora Rosa María Cid Galante obteñen o XIII Clara Campoamor á igualdade de oportunidades. Ourense

O xurado da edición número 13 do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades acordou por unanimidade concederlle o premio ao CIFP Portovello “polo seu relevante traballo en igualdade e na prevención da violencia de xénero ao longo do tempo implicando a toda a comunidade educativa”, ex aequo coa profesora Rosa María Cid Galante, investigadora sobre xénero e educación, docente no IES Universidade Laboral e creadora do blog ‘Historia das nosas mulleres ourensás’. O xurado, que se reuniu hoxe ás 13:10 horas nas dependencias da Concellaría de Igualdade, na rúa Ensino, estivo…

Ver+

Preto de oitenta traballos concorren aos premios Johán Carballeira . Bueu

Tras o peche do prazo para o envío de orixinais, o xurado dos Premios Johán Carballeira do Concello de Bueu terán que decidir os gañadores/as entre os cincuenta e oito presentados na categoría de poesía e os vinte da de xornalismo. Esas son as cifras desta edición que demostran, unha vez máis, que o certame é todo un referente a nivel galego. Así, durante as próximas semanas, o xurado revisará os traballos para que o gañador/a poida facerse cun premio de 1.500 € en ambas categorías, amais da publicación do…

Ver+

O Concello convoca o 35 Premio de Poesía Cidade de Ourense

O certame de poesía en lingua galega ou portuguesa abre ate o 12 de abril o prazo para presentar traballos O Concello de Ourense convoca a edición número 35 do Premio de Poesía Cidade de Ourense, que distinguirá o mellor traballo inédito e orixinal escrito en lingua galega ou portuguesa. A xunta de goberno local aprobou esta semana as bases e a convocatoria do tradicional certame, dotado cun premio de 6.000 euros e a publicación da obra gañadora. O ano pasado tivo como gañador o poeta allaricense Carlos da Aira,…

Ver+

Unha instalación da mostra Experimenta Pontevedra gaña o premio Emporia

Unha das catro instalacións efémeras creadas ad hoc para participar na primeira edición de Experimenta Pontevedra-Festival de Deseño Urbano vén de recibir o premio Emporia á mellor montaxe dunha exposición efémera non itinerante que convoca o Col.legi de Dissenyadors d’Interiors i Decoradors de Catalunya e Veredictas Internacional. Trátase da obra A Muralla do Mar do estudo CUAC Arquitectura de Granada que estivo exposta na rúa Serra, fronte ao mercado. A Muralla do Mar é unha interpretación da muralla da cidade, cuxos restos atópanse sepultos baixo a rúa Serra e que…

Ver+

O Concello de Bueu convoca o Concurso de Carteis e os Premios dos Desfiles de Entroido

O Concello de Bueu vén de abrir o prazo para participar no concurso de carteis e nos premios dos desfiles do Entroido, tras a publicación dos extractos no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) deste venres, 25 de xaneiro. En canto aos premios de Entroido, o prazo de inscrición esténdese ata o 28 de febreiro. Os premios repartirán 6000 euros entre todas as categorías participantes tanto no Enterriño da Sardiña, que se celebrará o mércores 6 de marzo ás 17.00 horas, como no Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, que terá…

Ver+

Bases do Concurso para o Deseño do Cartel do Entroido 2019. Ourense

A Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Ourense, convoca un concurso para a confección do cartel anunciador da festividade de Entroido, de acordo coas seguintes bases: TEMÁTICA: Os carteis serán representativos e estarán relacionados coa Festividade do Entroido da cidade de Ourense. PARTICIPANTES: Poderá concursar toda persoa física ou xurídica. RECEPCIÓN DAS OBRAS: Os traballos serán entregados no Rexistro Xeral do Concello nun sobre, onde figurará “Concurso carteis Entroido 2019”, acompañados dunha declaración responsable segundo o modelo que se anexa a estas bases, e debaixo un pseudónimo ou lema;…

Ver+

XVI Certame Literario Rosa Gómez . Ourense

Bases Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado dos centros escolares, públicos ou concertados, do Concello de Ourense, dos seguintes niveis educativos: ESO, Bacharelato, Ciclos Medios e Superiores. As obras deberán ser inéditas, estar escritas en prosa ou en verso (relato breve ou poesía), en lingua castelá, ser orixinais, inéditas e individuais, de tema libremente elixido e coa seguinte extensión:  Os textos de narrativa non excederán de cinco folios escritos por una soa cara con letra Times New Roman de doce puntos, xustificado e interliñado sinxelo.  Os textos de…

Ver+