Intensa actividade lúdica – cultural no Concello do Carballiño para a Semana Santa

A Semana Santa carballiñesa, ademáis das procesións e celebracións relixiosas que organiza a Cofradía da Veracruz, contará cun amplo e variado programa de cultura e deportes, que foi presentado esta mañá polos concelleiros de Cultura e Deportes, Diego Fernández e Manuel Dacal, respectivamente. Arredor dunha trintena de actividades desenvolveranse ao longo da próxima semana no Carballiño co obxectivo de atraer ao turismo e ofrecer aos carballiñeses e visitantes unha variada gama de alternativas de entretemento. No eido deportivo destacan tres grandes eventos, como son a recuperación da Subida á Saleta,…

Ver+

Arrinca a tempada no Hipódromo de Antela. Xinzo de Limia

14 de abril, 11, 30 horas O trote enganchado será a primeira das carreiras ás 11:30 h sobre unha distancia de 1700 m “Premio Ourense Termal”. Ás 12:10 h é a quenda para o galope coa disputa do “Premio Torre de Sandias” sobre 1200 metros reservado a Pura Sangre Ínguas. As 12:50 h é a hora para o III GRAN PREMIO DE OURENSE de Trote Enganchado cunha distancia de 2300 m. Para rematar a Xornada ás 13:30 h dispútase o “Premio Lach Corcel”, reservado a cabalos de Pura Raza Árabe…

Ver+

Axenda de cultura do Concello de Ourense para a fin de semana

O Concello de Ourense programa, para esta fin de semana, catro actividades para todos os públicos eminentemente musicais. As entradas para o concerto infantil do sábado e para o concerto que pecha o ciclo Música do Camiño son de balde até completar aforo. O concerto de Queen e para o concerto dos Monicreques de Kukas están dispoñibles en www.ataquilla.com, sala de exposicións Afundación e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función. CANTA MIÑA PEDRA, CANTA, con Charo Pita e Xoán Curiel. Sábado 13, 18:00 horas. Auditorio, sala Azul. Entrada de…

Ver+

Presentación do libro – disco “Na noite, no silencio”. Celanova

A Casa dos Poetas de Celanova acolle o sábado, día 13 de abril de 2019, ás 12.00 horas a presentación do libro-disco “Na noite, no silencio” durante a cal se celebrará tamén un concerto. Publicado por Edicións Fervenza, Juan Manuel Vázquez falaranos deste poemario intimista acompañado de cd con cancións de inspiración medieval creadas e interpretadas polo propio autor. Juan Manuel Vázquez relaciónase con Celanova principalmente a través da súa muller, profesora de música no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, ademais de traer alumnos do centro onde imparte música en…

Ver+

As Doulas Sororas participan nun obradoiro impartido polo Instituto de Ciencias Sexolóxicas. Allariz

O Concello de Allariz xunto co Instituto de Ciencias Sexolóxicas (INCISEX) de Madrid, enmarcado nun convenio de colaboración, impartirá obradoiros a distintos colectivos de Allariz como a Escola de Familias ou a auxiliares do servizo de axuda a domicilio, coa finalidade de aportar coñecemento sexolóxico que aporte intervencións comprensivas coa diversidade. As primeiras en participar serán as Doulas Sororas que este venres, de 16:00h a 18:00h, participarán nunha actividade que aportará coñecemento “ para que podan acompañar dende a calma en diferentes situacións e fomenten, así , a convivencia”., explica…

Ver+

Ludoteca para a Semana Santa na Casa dos Poetas. Celanova

A Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova organiza na Casa dos Poetas unha Ludoteca de Semana Santa para nenos de entre 3 e 12 anos. Os talleres desenvolveranse luns, martes e mércores, 15-17 de abril, entre as 10.30 e as 13.30 horas. Trátase duns obradoiros lúdicos e formativos cos que pretendemos ocupar o ocio e o tempo libre dos rapaces durante o período de vacacións, ademais de facilitarlle aos proxenitores a súa xornada laboral. Luns 15: Xogos tradicionais de Pascua no mundo Martes 16:  Taller creativo: facemos…

Ver+

Concerto “entre amigos”. 100 anos da Coral de Ruada. Ourense

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá este venres, día 12 de abril, ás 20.30 horas o concerto “De Ruada entre amigos”, no que a coral ourensá celebrará o centenario do seu nacemento. As persoas interesadas en desfrutar do espectáculo poderán recoller as entradas desde mañá ate o propio venres, de 9 a 14 horas, na recepción do Auditorio. Son gratuítas, cun máximo de 2 localidades por persoa. En caso de que quedaran entradas dispoñibles, poderíanse retirar tamén o propio venres pola tarde no despacho de billetes. O concerto, organizado polo…

Ver+

“I Semana Ourensá de Análise política”. Ourense

A Deputación de Ourense e a Fundación Castelao organizan a “I Semana Ourensá de Análise Política” centrada nas visións e perspectivas da organización territorial do Estado. Este ciclo de conferencias desenvolverase do 8 ao 12 de abril, ás 20.00 horas, na antiga Biblioteca no Pazo Provincial, e comezará hoxe, luns, 8 de abril, con Javier Pérez-Royo, quen analizará a cuestión da “Constitución 40 anos despois. Problemas e solucións”. Ao día seguinte, será a quenda para a “Vindicación da España constitucional” da man de Roberto Blanco Valdés. O mércores, 10 de…

Ver+

Proxección ‘ Secretos e mentiras’. Cineclube Carballiño

14 de abril . No Auditorio Municipal Manuel María ás 19:00 horas  Unha das películas do ciclo dos nosos 50 anos, a da década dos 90, Secretos e mentiras, do director británico Mike Leigh. Gañadora da Palma de Ouro no Festival de Cannes, 5 nominacións aos premios Oscar, 3 nos Globos de Ouro, Goya á Mellor película europea…toda unha maravilla de película chea de sentimentos e emocións. +INFO CLICK AQUÍ

Ver+