Actividades do Concello de Ourense no Día das Letras Galegas

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día das Letras 2019 cun programa de actividades especificamente dirixidas a cativada e outras para persoas de todas as idades que se desenvolverán durante a  semana. O venres, 17 de maio, a Sala Valente acollerá ás 11.30 horas un concerto didáctico a cargo do Capitán Garfo: “Cociñando música”. Ás 12.30h, no mesmo espazo desenvolverase o acto institucional co concerto “Cantos de terra e sal”, de Carmen Penim e Banda. Xa pola tarde, ás 7, a festa sairá á rúas cun desfile da…

Ver+

Bo sabor de boca tras o desenvolvemento da 56 Feira do Viño do Ribeiro

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanzou a súa 56ª edición, tivo lugar os pasados días 3, 4 e 5 de maio de 2019, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), presenta as valoracións da edición recentemente rematada. Despois de recoller e analizar os datos e as opinións dos axentes implicados no evento (en especial a das adegas e colleiteiros), o balance que se fai dende a organización do evento (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro) é positivo, xa que se estima que durante os tres días…

Ver+

‘Xardíns de Cine’ en Allariz. Estreo o 12 de maio

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abrirá as portas da súa décima edición este domingo, día 12 de maio ás 20:00h. Baixo o tema central “Xardíns de Cine”, o Festival, que poderá ser visitado ata o 3 de novembro, alberga doce xardíns efémeros seleccionados entre 37 propostas recibidas dende diferentes puntos da xeografía mundial. Destes doce, dez xardíns entran en concurso a través da votación do público que visita anualmente o recinto. Móstranse, ademais, o xardíns gañador do ano pasado, o portugués Forbidden Garden e o xardín deseñado polo…

Ver+

Programa da MITEU (Maio). Mostra Internacional de Teatro Universitario. Ourense

  martes 7 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL GRUPO: TEATRO ESPRESSIVO (COSTA RICA) ESPECTÁCULO: La construcción del muro [+ INFO] mércores 8 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL GRUPO: TEATRO LA POLEA (NICARAGUA) ESPECTÁCULO: La emigrante, la Nica [+INFO] 21’30 NO AUDITORIO MUNICIPAL GRUPO: TEATR’UBI (PORTUGAL. COVILHÃ) ESPECTÁCULO: Cântico negro [+INFO] xoves 9 de maio 20’30 NO AUDITORIO MUNICIPAL GRUPO: ALBERTO SAN JUAN & FERNANDO EGOZCUE (MADRID) ESPECTÁCULO: España ingobernable [+INFO] venres 10 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL GRUPO: LOS PINCHES CHAMACOS (MÉXICO) ESPECTÁCULO: Papá está en la Atlántida [+INFO] 22’30 NO AUDITORIO MUNCIPAL GRUPO: TEATRO DEL BARRIO (MADRID) ESPECTÁCULO: La sección (Mujeres en el fascismo español) [+INFO] sábado 11 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL CLAUSURA DA XXIV MITEU Entrega de Premios do Xurado…

Ver+

Fin de semana no Auditorio de Ourense: MITEU, Sés e Antonio Orozco

A Mostra Internacional de Teatro Universitario, con Alberto San Juan, TeatrUbi e Teatro del Barrio, versións galegas de cancións populares do século XX a cargo de Sés, e a xira Único de Antonio Orozco forman a proposta de actividades do Auditorio de Ourense para esta semana. As entradas pódense adquirir en www.ataquilla.com ou no despacho de billetes dúas horas antes de cada actuación. A cantante coruñesa Sés presentará este sábado (20:30h) no Auditorio o seu último traballo: “A rabia ao silencio”, cunha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor nun espectáculo acústico e…

Ver+

Torneo de xogos de mesa tradicionais. ‘Xogando cara a cara’. Ourense

A Concellería de Xuventude convoca, este sábado 11 de maio no Espazo Lusquiños, a mozos e mozas de 12 a 30 anos a unha xornada de xogos de mesa de sempre, tanto de grupo coma individuais. “Xogando Cara a Cara” é unha actividade que quere potenciar un lecer baseado no contacto entre iguais, sensibilizar a mocidade local na necesidade de participar e relacionarse fóra de espazos virtuais, así como dinamizar os espazos culturais e xuvenís da cidade como lugares de encontro. A actividade, dentro do programa Ourense Xove que desenvolve…

Ver+

Conferencia “Filosofía Medieval”. Ateneo de Ourense

Día 9, xoves, ás 20:00 horas: Conferencia “Filosofía Medieval” por Don Miguel Guerra Rodríguez. Licenciado en Filosofía e CC da Educación, e en Psicoloxía. Na sede temporal do Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Progreso 30 O profesor realizará un repaso polas principais correntes da Filosofía Medieval tanto a nivel da Alta como da Baixa Idade Media con especial énfases nas dúas grandes figuras da Escolástica clásica europea: Agustín de Hipona coa súa adaptación da teoría platónica ao pensamento cristián medieval e Tomás de Aquino co seu enfoque…

Ver+

Nova edición ‘Ocio en familia’. Ourense

En “Ocio en familia” poderase gozar de actividades para toda a familia nas que se pode descubrir a nosa cidade, practicar deporte e compartir diferentes obradoiros potenciando a curiosidade dos rapaces dun xeito lúdico Poderán participar familias de Ourense con fillos e fillas de ata 14 anos. Hai 50 prazas por actividade, coa posibilidade de inscribirse en cada unha delas ou en todas ata o día 16 de maio. 25/5/2019 ALIMENTA A SAÚDE (10:00 a 13:00 horas): Compartir coa rapazada a preparación dun menú para toda a semana con produtos…

Ver+