Pregoeiros do Entroido de Pontevedra-2019 : Os Solfamidas

Os Solfamidas son os pregoeiros do Entroido-2019 de Pontevedra. A concelleira de Festas, Carme da Silva, acompañada por varios integrantes da comparsa deu a coñecer hoxe a nova, convidando a todas e todos a deixarse sorprender polos Solfamidas no arranque do entroido, o vindeiro 1 de marzo. “É unha homenaxe á comparsa (que vén de sufrir un incendio que arrasou parte das súas instalacións e equipamentos)” e un acto “de xustiza” xa que dende a súa creación, hai quince anos, contribúen a darlle colorido e vitalidade ao entroido da Boa…

Ver+

Chega Ben veñas, Maio! . Pontevedra

Chega unha nova edición de Ben veñas, Maio!, o programa que promove a Concellería de Normalización Lingüística xunto cos equipos de normalización (ENL) dos institutos de Pontevedra co fin de promover o uso do galego entre a mocidade, a través das artes. Unha mostra de teatro escolar e seis certames de creación forman o programa, que este ano introduce a categoría de videoclip musical, froito da reformulación do certame musical. As aoutras categorías son: Banda deseñada, narración curta, fotografía, poesía e curtametraxe. O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou…

Ver+

Día de Rosalía no Concello de Bueu

Os actos centrais serán este domingo, 24 de febreiro no Parque Ramal dos Galos, onde terán lugar unha lectura pública da obra de Rosalía, un obradoiro de creación de chapas e un concerto de Xardín Desordenado. O Concello de Bueu únese aos actos de celebración polo Día de Rosalía. Os actos centrais serán este domingo, 24 de febreiro, a partir das 11.30 horas no Parque Ramal dos Galos, onde terá lugar un obradoiro de creación de chapas con frases da obra rosaliana, unha lectura pública e rematarase cun concerto de…

Ver+

Entroido de Bueu. Programa e prazos dos premios

O Entroido de Bueu vén ateigado de actividades para todos os públicos, cun intenso protagonismo para os colectivos, asociacións, asociacións de nais e pais e comparsas da vila que colaboran na programación desta edición. Así o salientou a concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, na rolda de prensa celebrada este martes no salón de plenos da Casa Consistorial, nun acto no que estivo acompañado polo alcalde da vila, e polos diversos colectivos. O Entroido deste ano dedicarase a Silvino Dopazo “O Cimarrón”, unha das persoas máis destacables no…

Ver+

Pontevedra celebra o Día de Rosalía con música e literatura reivindicativa

O acto terá lugar o domingo 24 de febreiro, ás 12.00 horas, no Sexto Edificio do Museo e contará coa actuación de Ugía Pedreira e A Banda da loba. O Concello de Pontevedra organiza o vindeiro domingo 24 de febreiro a celebración do Día de Rosalía baixo o lema “Cantare, galegas!”. O fío condutor da celebración será o manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que escribiu a xornalista e poeta Ana Romaní. No texto invócase o compromiso social da obra rosaliana, a denuncia das inxustizas, a identificación…

Ver+

Entroido de Pontevedra. Tamén o programa completo e Bases dos Concursos

Dicir Entroido é dicir Ravachol. En Pontevedra témolo claro: sen o loro a festa “non é a mesma”. Carme da Silva, concelleira de Festas, presentou a programación do entroido-2019, que comezará o venres 1 de marzo coa recepción do alcalde o rei Urco na praza da Ferrería e a lectura do pregón e que rematará oito días máis tarde co velorio e enterro do emblemático loro. No medio citas imprescindibles como o Desfile do Entroido, a incorporación de Ravachol ao entroido, a recreación da botica de Don Perfecto Feijóo, a…

Ver+

Programa ‘As Mulleres que opinan son perigosas’ no Principal. Pontevedra

O Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernandez Lores presentou a segunda edición do programa ‘As mulleres que opinan son perigosas’. Fíxoo acompañado da Presidenta da Deputación, Carmela Silva e as creadoras e coordinadoras do proxecto, as xornalistas Susana Pedreira e Diana López Varela. Tal e como comentou o Alcalde, o primeiro encontro, celebrado o ano pasado, “deixou pouso e nesta edición pasamos a consolidar un proxecto pioneiro na loita feminista e a súa visibilización”. Unha loita que respalda pero considera, “debe ser encabezada por mulleres”. Lores destacou o feito de…

Ver+

Chega PonteAndadas 2019 cun reto na carteira: Pontextrem (31 km) . Pontevedra

Actividade física e goce do patrimonio natural e cultural conxúganse en PonteAndadas, o ciclo de roteiros que promove a Concellería de Deportes da man de Naturgaliza Club e que nesta ocasión incorpora charlas-debate sobre saúde e unha andaina-extrem, de 31 quilómetros que nace para seren un referente desta modalidade e un reclamo para atraer xente de fóra. Esta proba extrem percorrerá o perímetro de Pontevedra e para a xente con menor preparación física haberá un circuíto de 16 quilómetros. A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro presentou PonteAndadas-2019 convidando á participación…

Ver+

A proxima semana comeza a divulgación do dispositivo de mobilidade polo Multisport de tríatlon

O Concello de Pontevedra iniciará a próxima semana os traballos de comunicación e divulgación dos operativos de mobilidade e de seguridade que se farán pola celebración dos campionatos do mundo Pontevedra Mutisport 2019 de tríatlon do 27 de abril ao 4 de maio. A concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva e o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle explicaron esta mañá o traballo que se está a facer por parte do equipo que integra departamentos municipais como a Policía, Deportes, servizos…, ou as federacións, para que reducir ao…

Ver+

Charlas sobre a vespa velutina. Bueu

O Concello de Bueu e a Asociación Galega de Apicultores poñen en marcha de novo varias charlas informativas sobre a problemática social da vespa velutina e como está afectando esta aos diversos municipios, dado o seu espallamento dos últimos tempos. Así, segundo o concelleiro de medio ambiente, Adrián Ferrer, “estas reunións buscarán concienciar á veciñanza e ás diversas asociacións sobre a importancia do trampeo para erradicar esta lacra que atenta contra a natureza”. Nelas entregarase o material ás persoas que xa teñen trampas e buscarase contar con máis colaboradores/as. As…

Ver+

Martirio e Mónica de Nut abren no Principal o programa do 8-M . Pontevedra

A concelleira de Igualdade e Cultura, Carme Fouces, presentou o que será o segundo concerto do ciclo ‘Contrariadas’ e avanzou parte das actividades do Concello de Pontevedra para o próximo mes: “Marzo é un mes moi activo a nivel social e dende o Concello acompañamos este fervedoiro de actividades feministas coa nosa programación”. Protagonizado desta volta por Martirio e Mónica de Nut, mantén a súa liña de achegar mulleres artistas cargadas de estilo e personalidade. “Pertencentes a épocas diferentes, pero ámbalas dúas cunha forza vocal e interpretativa indescriptibles, representan á…

Ver+