Chega unha nova edición de Noites Abertas… e van vinte. Pontevedra

Arrancará o vindeiro venres 25 de xaneiro e estenderase até o sábado 6 de abril (9 fins de semana) Moito se ten andado e aprendido nestas dúas décadas. Se na primeira edición o programa municipal de lecer xuvenil contou cunha oferta de 13 actividades diferentes, coa colaboración de 9 asociacións e unha empresa e un orzamento de 6.000 euros; hoxe temos por diante un programa de 96 actividades (e 234 sesións diferentes), con 161 monitores/as, 1 director de actividades, 5 persoas de control de instalacións; 2 axentes e un estudante…

Ver+

Trece infografías con mapas para guiar as carreiras do Mundial Multisport 2019. Pontevedra

Un total de 13 infografías con todos os datos precisos para o seguimento e a percepción de cada carreira do Multisport 2019 foron presentadas hoxe pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro e o autor do traballo, Xan Sabarís. Riveiro agradeceu “o magnífico traballo informativo, dirixido tanto aos deportistas como ao público en xeral” e declarouse orgullosa de que o traballo se fixese “na casa”. Mostrouse moi satisfeita co devalar dos preparativos do Multisport: “Iniciamos moi ben o ano co Campionato de España de Ciclocrós, nun gran ambiente e con moitísima…

Ver+

“A Diversidade sexual nas aulas. Materia Pendente?, primeira cita do proxecto Pinto e Maragota. Pontevedra

A cita terá lugar no Pazo da Cultura o vindeiro sábado 19 de xaneiro A Xornada “A diversidade sexual nas aulas. Materia pendente?” será o pistoletazo de saída do proxecto Pinto e Maragota pola diversidade sexual, un proxecto promovido pola Concellería de Educación e Igualdade que dirixe Carme Fouces e que vai máis alá do que é unha programación municipal interactiva. Trátase dunha nova liña de traballo básica e estratéxica que e atravesará a acción municipal en todos os eidos, co fin de empurrar cara o derrube do patriarcado; favorecer…

Ver+

Ruta Termal Ourense Cidade

Foto©Porgaliciabaixo Ourense é auga, auga polos seus ríos, e auga polos seus manantiais termais. As dúas van da man neste caso; xa que existe unha senda peatonal duns cinco quilómetros, e esta só se atopa a uns minutos da cidade, e por suposto, tamén se pode acceder a ela andando. Este paseo ten unha contorna absolutamente privilexiada paralela ao río, entre praderas e frondosas arboledas, acompañadas polo son do Miño e salpicado este camiño polas diferentes termas e fontes termais. Partindo das proximidades da moderna Ponte do Milenio, chegaremos ao…

Ver+

Roteiro urbano por Ourense cidade

Roteiro urbano ou paseo por Ourense cidade, percorrendo os seus principais lugares emblemáticos. Partindo das famosas Burgas, encamiñarémosnos á Praza Maior. Desde o corazón de Ourense, camiñaremos polas súas rúas, prazas, Igrexas e, por suposto, a Catedral de Ourense. ¬CLICK AQUÍ PARA VER OU DESCARGAR ROTEIRO

Ver+

Roteiro pola Ribeira Sacra (Ourense- Lugo)

Miles de historias e lendas rodean este impresionante lugar, pero de entre todas elas sorprendeunos este relato de claras reminiscencias clásicas: Pero a súa esposa, a deusa Juno, non estaba polo labor de compartir o seu amor cunha estraña, polo que pensou que, si na face daquela fermosa terra abría unha gran ferida, Júpiter terminaría por repudiala. Unha ferida que nalgúns lugares case alcanza os 300 m. de desnivel na vertical e que hoxe son os marabillosos “Canóns do Sil”. ¬CLICK AQUÍ PARA VER OU DESCARGAR O ROTEIRO

Ver+

O Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé – Ourense

Foto©Porgaliciabaixo A escasamente tres kilómetros do centro da capital de Ourense, encóntrase o Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé. Concorren nel, os valores históricos característicos dun complexo xacemento arqueológico, cos naturais derivados dunha contorna na que se conserva unha peculiar vexetación, con suxerentes vistas do val no que se atopa a cidade de Ourense, convertendo este espazo nun lugar de encontro entre a natureza e o noso pasado, merecente de ser coñecido, valorado e conservado. Desde o punto de vista arqueolóxico, ademais dun castro cos característicos elementos defensivos, entre os que…

Ver+

O Cenáculo Ourensán

Recibe o nome de cenáculo ourensán un grupo de autores que, naturais ou residentes na cidade de Ourense,posteriormente formarán parte (na súa maioría) do denominado grupo Nós. Os seus membros máis destacados foron Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Vicente Risco. O cenáculo ourensán supón a fase anterior ao galeguismo dos escritores citados. De feito, no caso particular de Vicente Risco, este pregaleguismo pode considerarse como antigaleguismo, posto que chegou a afirmar (na súa revista La Centuria, 1917) que “el que quiera ser leído que escriba en castellano”. De todos os xeitos,…

Ver+

Victor Hugo escribindo sobre Galicia

Henrique Harguindey  (residente en Cangas) é filólogo e tradutor de francés e galego. Leva máis  de 40 anos buscando e atopando alusións en textos franceses sobre Galicia. Hai moitas referencias e moi variadas en escritos franceses sobre Galicia, así temos como Alberto de Mónaco (o bisavó do actual monarca do Principado), estudou no século XIX a pesca da sardiña en Galicia, motivado polo esgotamento da mesma en augas francesas, razoando e concluíndo que no caso de Galicia os seus mariñeiros, facían unha explotación máis racional e conservacionista. Jean Charles Davillier,…

Ver+