Presentación do programa da 56ª Feira do Viño do Ribeiro en Ourense

No acto que tivo lugar onte no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense,  interviron: Ignacio Gómez, Alcalde do Concello de Ribadavia; Juan Casares, Presidente do CRDO Ribeiro, Manuel Doval, deputado de Cultura da Deputación de Ourense e María Touza, concelleira de Cultura e Turismo de Ribadavia. Manuel Doval, deputado provincial, sinalou que debemos traballar en potenciar a comarca e os viños do Ribeiro, destacando e poñendo en valor a paisaxe e a historia que temos nesta zona e apostar polo “ouro líquido” e polo termalismo. Pola súa parte, o alcalde…

Ver+

Todo listo para os Maios. (Bases) Pontevedra

Sete maios subirán ao escenario da praza da Ferrería o vindeiro mércores 1 de Maio. A profesora Vitoria Ogando será a encargada de dar a benvida ao Maio no certame que comezará ás 11.00 horas. Os participantes competirán en catro modalidades: Maio tradicional, cantigas, interpretación e mellor coroa. Haberá catro premios por categoría ademais dun premio Entre os participantes hai cinco colexios e dúas asociacións culturais. Son os seguintes: Maio do CEIP Froebel Maio do CEP Marcos da Portela Maio do CEP Campolongo Maio do CEIP Praza de Barcelos Maio…

Ver+

Aberto o prazo para anotarse nos obradoiros gratuítos do espazo Cemit. Ourense

A Aula CeMIT volve abrir o prazo para a inscrición nos obradoiros gratuítos que ofrece de maio a xullo para a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica. Emprazada no centro de coñecemento de La Molinera, ofrece preto de 120 prazas repartidas en 6 cursos. Estes pretenden instruír a cidadanía en áreas coma a ofimática, o manexo de móbiles, o arranxo de impresoras 3-D, o deseño de blogs con WordPress ou a e-Administración. As inscricións poden realizarse desde o venres 26 de abril, nos espazos web www.lamolinera.net ou en cemit.xunta.gal/centro/55 ¬VER / DESCARGAR CURSOS

Ver+

Faladoiros para amosar a importancia da cultura do viño en Galicia. Feira do Viño do Ribeiro

A Feira do Viño do Ribeiro presenta as conferencias científicas e relatorios cos que se pretende poñer en valor o legado histórico do viño do Ribeiro tanto en Galicia como a nivel internacional. Terán lugar a semana previa á Feira do Viño do Ribeiro en diferentes puntos singulares e importantes na historia vitivinícola do Ribeiro e de Galicia. Estes relatorios, enmarcados dentro da Feira do Viño do Ribeiro, coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico de Ribadavia, teñen como fin dar a coñecer o mundo da viña e do…

Ver+

As carreiras do Mundial de Tríatlon cortan parte do centro histórico dous sábados. Pontevedra

Nestes días está distribuíndose información de afeccións ao tráfico motorizado polos lugares do centro urbano nos que decorrerán as distintas carreiras do mundial Multisport que terán lugar a partires do día 27. En concreto, as que afectan a varias rúas do centro histórico, que quedarán inhabilitadas para ir en coche ou moto. Se ben o percorrido das carreiras é distinto no interior do Centro Histórico, as afeccións viarias serán moi semellantes. Só dous días veranse algunhas rúas cortadas: os sábados 27 de abril (mañá e tarde) e 4 de maio…

Ver+

Aberto o prazo de inscrición para participar no concurso dos Maios. Bases. Pontevedra

O Concello de Pontevedra abre o prazo de inscrición para participar no Concurso dos Maios que terá lugar, como cada ano, na praza da Ferrería na mañá do 1 de Maio. O prazo estará aberto até o 26 de abril. Os participantes competirán en catro modalidades: Maio tradicional, cantigas, interpretación e mellor coroa. Haberá catro premios por categoría ademais dun premio especial do xurado. ¬VER / DESCARGAR BASES

Ver+

Aberta a inscrición para o programa de APEGO de primavera

Xa está aberto o prazo de inscrición para a nova quenda de actividades do programa Apego en Pontevedra. A Concellaría de Normalización Lingüística, dirixida por Alberto Oubiña, desenvolve este programa de actividades tendo en conta o obxectivo do Apego: achegarlles ás nais e aos pais recursos que lles axuden a mellorar e enriquecer a lingua que falan na casa coas fillas e os fillos, así como a creación de espazos de socialización en galego para as familias. Consonte isto, as propostas ofrecidas para esta primavera abranguen obradoiros, charlas, unha camiñada…

Ver+

Festival Internacional de Poesía de Pontevedra. Chega PontePoética’9

Manuel Vilas, Valter Hugo Mäe, Jan Wagner, Antònia Vicens, Castillo Súarez, Baldo Ramos, Pilar Pallarés, Ismael Ramos e Silvia Penas… un elenco de luxo que fala de calidade, variedade e compromiso coa poesía. Chega o Festival Internacional de Poesía de Pontevedra, PontePoética’9. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou hoxe a novena edición do festival e fíxoo acompañada de Yolanda Castaño, directora de PontePoética e de Antón Sobral, directivo do Ateneo de Pontevedra, os alma mater dunha cita, cuxa continuidade -estamos no noveno ano- é un fito ao que se…

Ver+