Programa de Actividades para “Os gozosos anos 30”. Bueu

8 – 21 DE ABRIL O espírito da cultura que converteu a vila Bueu nun fervedoiro artístico nos anos 30 será lembrado durante o mes de abril cunha serie de charlas, exposicións e festa na que serán protagonistas persoas como a pintora Maruja Mallo, os escritores Gonzalo Torrente Ballester e Rómulo Gallegos, o xornalista e alcalde Johán Carballeira, o fotógrafo José Suárez, ou o publicista Federico Ribas. A proposta que nace desde a concellaría de cultura, dirixida polo nacionalista Xosé Leal, buscará “recrear o ambiente de esplendor artístico e cultural…

Ver+

Festa da degustación de Millo de Corvo. Meiro (Bueu)

O lugar bueués de Meiro acolle do 5 ao 7 de abril o XXI Encontro – Degustación do Millo Corvo, unha festa que nace no 1998 coa vocación de recuperar esta variedade de millo negro que se utilizaba no pasado e que se foi perdendo co paso do tempo. Por iso, dende a Asociación Cultural Meiro tomaron a iniciativa e a día de hoxe conseguiron que este encontro gastronómico e cultural sexa un atractivo da terra morracense, como demostra a súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia. ¬VER…

Ver+

Aberto o prazo de preinscrición para o programa formativo do GDR Pontevedra Morrazo

Dende o luns 01 de abril estarán abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable 2019 que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo os vindeiros meses de maio e xuño. No marco da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 O GDR Pontevedra Morrazo deseñou o programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable para desenvolver no territorio reforzando e mellorando as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal. O programa formativo de 54 horas lectivas, ten unha dobre finalidade: Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal…

Ver+

Galegote Rock. Festival Música Galega en abril. Programa. Pontevedra

Programa de música en vivo que promove o Concello de Pontevedra co fin de dar a coñecer intérpretes e grupos de distintos estilos e achegar ao público “unha ampla oferta de música de calidade, feita en galego e en directo, tanto en locais pechados como en prazas, rúas e xardíns”. Marcos Rivas, da productora Jack-Jack foi quen desvelou o programa. O festival terá lugar os dias 25, 26 e 27 de abril. O Galegote, segundo subliñou Alberto Oubiña, mantén as mensaxes que o definiron na súa orixe: “a querenza pola…

Ver+

XXIII Festival de Jazz de Primavera de Ourense. Programa

O Festival de Jazz de Primavera de Ourense chega á súa edición número 23 cunha sensacional escolma de formacións musicais, e con 11 concertos que se desenvolverán desde o día 4 de abril ate o 4 de xuño. Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello a presentación do certame, na que participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, xunto con Eduardo Rodríguez, responsable de Café Latino e Marco Vázquez, da Fundación Florencio Álvarez. Será unha edición con ampla presenza de…

Ver+

Presentación de INVENTRIP aos hostaleiros de Sanxenxo

Trátase dunha plataforma, na que máis de 40 destinos turísticos xa envorcan a súa información relevante para os visitantes e veciños. Turismo de Sanxenxo xa apostou por este sistema para poder seguir á vangarda no sector e así o demostrou este ano en Fitur, a través da APP, das tarxetas NFC ou da propia web. Inventrip ofrece información turística de Sanxenxo, tal como rutas, miradoiros, praias, patrimonio, gastronomía… con tan só descargarse a aplicación. Así calquera persoa que chegue ao municipio pode dispoñer desde o primeiro momento da toda a…

Ver+

Ciclo ‘Música do Camiño’. Santa Eufemia acolle tres concertos. Ourense

A Concellería de Cultura presenta, para as vindeiras tres fines de semana, o ciclo Música do Camiño, “unha actividade que quere dinamizar a vida cultural e social da nosa cidade”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, “que pretende unir o noso patrimonio físico e monumental coas músicas que chegan á cidade grazas á nosa incomparable posición dentro das rutas a Santiago de Compostela”, dixo. “O Concello de Ourense ten a obriga de promover unha oferta variada no musical, e de calidade”, adiantaba Anxo F. Saborido, técnico de Cultura,…

Ver+

Abril: Mes da Música en Sanxenxo

A Escola de Música organiza un ciclo de concertos baixo o título “Sons en Sanxenxo”. Os dous obxectivos principais do ciclo son enriquecer a formación musical do alumnado matriculado na Escola e achegar aos veciños e veciñas un programa cultural amplo. Este ciclo está organizado en colaboración co CMUS Manuel Quiroga e a Banda de Música de Sanxenxo e nel mostraranse catro formacións musicais diferentes: concerto lírico formado por voz e piano, música de cámara con tríos e cuartetos de corda, banda de música e orquestra sinfónica. E é que…

Ver+

Concertos Ciclo de Butaca. Banda de Música de Pontevedra

O Teatro Principal abre de novo as portas para acoller os concertos Ciclo de Butaca (2o parte-primavera) da Banda de Música de Pontevedra (BM). Seis concertos que terán lugar nos meses de marzo, abril e maio. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, ao carón do director da BMP, Rafael Agulló Albors, quixo hoxe subliñar os vimbios dunha programación que acadou xa a categoría de “clásico” na cidade: variedade e calidade dos espectáculos presentados e profesionalidade dos músicos que integran a Banda e dos seus convidados. Directores convidados como o belga…

Ver+