Ciclo de Andainas Familiares da man de Xeitura e o Concello de Allariz

A empresa alaricana Xeitura, de xestión do patrimonio cultural, en colaboración co Concello de Allariz presentou,  unha nova actividade familiar prevista para os meses de marzo, abril e maio. A proposta “Pequenos exploradores” busca compartir en familia ao tempo que se practica deporte no medio natural de Allariz, dando a coñecer e poñendo en valor os diferentes lugares patrimoniais a través de xogos naturais, a historia e a lenda. As rutas van dirixidas a familias con nenos e nenas de 5 anos en adiante. “Trátase dun ciclo de andainas familiares…

Ver+

Bases Certame de Relatos Matilde Bares. Bueu

O Concello de Bueu abre o prazo para participar no X Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, que se estende ata o 30 de decembro. O extracto das bases publicouse este martes no Boletín Oficial da Provincial, polo que a partir de mañá xa se poderán presentar relatos en lingua galega que traten  temas relacionados co fomento da igualdade entre mulleres e homes, a corresponsabilidade nas obrigas familiares e sociais ou a violencia de xénero. Segundo establecen as bases, os orixinais poderán presentarse por dúas vías: ou ben no…

Ver+

Sánchez Cantón: “O noso” director do Museo do Prado

Foto: Museo de Pontevedra Din del que era un home moi serio, formal e pouco extrovertido, e que se dulcificaba notablemente cando se falaba da súa querida Galicia. Todo lle interesaba da nosa terra e xa moi novo mostrou un interese intelectual por ela. De feito en 1910, con só 19 anos, nun certame rexional de Vigo, obtivo un premio polo seu traballo “Influencia de la literatura gallega en la nacional” Este pontevedrés que naceu na Boa Vila un 14 de xullo de 1891, e faleceu tamén nela no ano…

Ver+

Festas de San Xosé Campolongo. Programa. Pontevedra

A praza da Constitución será escenario, do 16 a0 19 de marzo, das festas e San Xosé, das festas de Campolongo. Música, obradoiros, xogos infantís, citas lúdico-deportivas e gastronomía son os eixos dunhas festas que se desenvolverán de 12.00 a 24.00 horas “co fin de conciliar a diversión e o descanso da veciñanza”. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou as festas de Campolongo acompañado por Isaac Freire, Alberto Rodríguez, Sonia Pazos e Antonio Gómez. Todos eles lembraron a Fernando Viéitez, impulsor e defensor desta festa de barrio, a única…

Ver+

Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla; Ruta da Traslatio

Dezaoito concellos das dúas marxes da ría de Arousa e municipios da beira do Ulla, organizan cada ano unha peregrinación que rememora a translación do corpo do Apóstolo Santiago dende Jaffa (Palestina) ata Iria Flavia, localidade dende a que, segundo a tradición, foi conducido a Compostela. O remonte realízase tódolos anos durante o mes de agosto, e a saída realízase dende un dos municipios costeiros da ría de Arousa. Concellos e outras institucións poñen a disposición das persoas interesadas en participar varias embarcacións, nas que o público en xeral e…

Ver+

Ciclo de cinema ‘DiversXs’. Cineclube Carballiño

Este próximo día 7 de marzo, xoves, comenza no auditorio Manuel María do Carballiño un ciclo sobre Cine e diversidade sexual, DiversXs, composto por tres películas. O xoves día 7 ás 20:30 horas comenzaremos coa película galega Nove de novembro, dirixida por Lázaro Louzao. O venres día 8 teremos a película belga Girl, excelente ópera prima de Lukas Dhont, nominada nos premios Goya a Mellor película europea, nos césar a Mellor película estranxeira, Premio do público á mellor película europea no pasado Festival de San Sebastián, nominada nos Globos de Ouro como mellor película de fala non inglesa….un sinfín…

Ver+

“Cabos Soltos”, unha aposta pola escena creativa emerxente da man da hostalería. Pontevedra

A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, presentou Cabos Soltos, un novo programa municipal que nace co obxectivo de darlle pulo á escena creativa emerxente da Boa Vila, de activar as salas e os locais de hostalería da cidade para que, ademais de ofrecer o servizo para o que están autorizados, apoien a creación local. Gulías lembrou que “este Concello traballa a cultura non só como unha cuestión meramente artística se non coma un nicho de negocio e unha parte fundamental da economía da cidade”. É certo que os…

Ver+

O Primer Parque Temático da Historia. O Parque do Pasatempo (Betanzos)

foto: Wikipedia / Lameiro Este atípico parque (e máis naquela época), foi idea de Juan García Naveira , un indiano que fixera fortuna en Arxentina. O parque tiña inspiración enciclopédica, posuíndo unha liña pedagóxica. Cunha superficie aproximada de nove hectáreas, constaba dunha parte chaira cun gran xardín para recreo e lecer, con diferentes tipos de vexetación, paseos e estanques. A continuación, subindo a ladeira do monte, existían diferentes niveis, nas que se atopaban diferentes terrazas, nas que se podían gozar de diferentes relevos, estatuas e construcións, que revelaban acontecementos e…

Ver+