Presentación do libro ‘Estado Crítico 3. 11 curador*s 11 artistas’. Fundación Vicente Risco

Sábado 19 de xaneiro, ás 12:00h na Fundación Vicente Risco en Allariz Presentación do libro ‘Estado Crítico 3. 11 curador*s 11 artistas’, da colección ‘alterarte’, que servirá, asemade, como inauguración da exposición dalgunhas obras dos 11 artistas participantes no libro, e que poderá visitarse no horario habitual de apertura, sábados e domingos de 12h a 14h. Curador*s e artistas participantes no libro: Yolanda Barriocanal + Ramón Conde Lola Dopico + Malania Freire Alberto Ruíz de Samaniego + Eduardo Outeiro Almudena Fernández Fariña + Paz de la Calzada Juan Luis Moraza…

Ver+

Allariz acolle a Terceira Edición do Allariz Debuxado

Os días 25 e 26 de xaneiro, Allariz acollerá a terceira edición do Festival da Arte da Ilustración “Allariz Debuxado”, organizado pola editorial alaricana Aira en colaboración co Concello de Allariz. Ilustradores profesionais e tamén afeccionados reuniranse en Allariz para celebrar estas xornadas  das que deron conta esta mañá o organizador César Lourenzo e o tenente de alcalde, Bernardo Varela. Allariz Debuxado é, segundo explica o seu organizador, “un proxecto que axuda a fortalecer a imaxe de Allariz como vila de letras que mostra respecto polo patrimonio e a cultura”. Esta…

Ver+

Os Museos de Allariz pechan ata febreiro por vacacións e mantemento

A rede museística de Allariz, composta polo Museo do Coiro, Museo da Moda e Museo Galego do Xoguete, pecha durante un mes por vacacións e para  acometer, como é habitual nestas datas, labores de acondicionamento. O peche comezaba o 7 de xaneiro, e rematará o 7 de febreiro cando os museos voltarán a abrir as súas portas co seguinte horario: venres de 17:00h a 19:00h e sábados, domingos e festivos de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 19:00h. Fonte: Concello de Allariz

Ver+

Visitando “A Chave do Reino de Galicia”: Allariz

Foto©Porgaliciabaixo Allariz é unha xoia medieval engastada nun remanso do río Arnoia que soubo conservar con moito éxito todo o legado do que é depositaria. A vila estivo unida ao poder real desde o seu nacemento, pois lle debe xa o seu nome ao rei suevo Alarico, que repoboou estas terras alá polo século V, sendo en distintas ocasións ao longo da idade media capital do Reino de Galicia e asento da corte de Castela. No seu núcleo estivo asentada a corte literaria que, creada por Afonso X O Sabio,…

Ver+

Unha árbore Monumento: A Carballa da Rocha

Foto: Turismo de Galicia A Carballa da Rocha é un carballo situado no concello de Rairiz de Veiga (provincia de Ourense), declarado Monumento Natural pola Xunta de Galicia o 1 de marzo do ano 2007, englobando seis leiras lindeiras que suman 0,6429 ha. Tamén foi declarada árbore senlleira o 17 de abril do 2007. O exemplar convive con outras árbores centenarias de propiedade particular, o que queda dunha antiga carballeira que medraba nas beiras da desecada Lagoa de Antela. O toro é corpulento, o seu perímetro na base é de 820 cm,…

Ver+

O Río Arnoia

Foto©Porgaliciabaixo// Orío Arnoia ao seu paso por Allariz O Río Arnoia posúe unha conca de novecentos vinte e tres quilómetros cadrados de superficie e é ademais un dos afluentes do Río Miño pola súa marxe esquerda. Ten a súa orixe na Sierra de Mamede, próximo a Rebordecheo no Concello de Vilar de Barrio. Percorre as poboacións de Maceda, Villar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Bola, A Merca, Celanova, Cartelle, Ramiranas, Verea, Peadrenda; limita no norte entre Ramirás e Gosende e polo sur con Cartelle, e morre no…

Ver+

Mosteiro De Santa Clara (Allariz – Ourense)

Foto©Porgaliciabaixo É un dos claustros maiores de España, con tres mil trescentos sesenta metros cadrados de patio e setenta e dous arcos. Atópase na bonita localidade de Allariz, é unha das zonas máis coñecidas do pobo, no chamado “campo de Santa Clara”. Empezou a construírse no s.XIII e XIV, evolucionando e crecendo ata que parece que a súa actividade se retarda un pouco no s.XV, sendo o s.XVI unha época de revitalización con importantes reformas e ampliacións. A súa igrexa é barroca, e o seu interior, en xeral, austero. A…

Ver+

Romasanta, “O Home Lobo” , constátase que morreu en Ceuta

Sobre Manuel Branco Romasanta, o ‘Home Lobo’ ou o ‘Home de Allariz’, escribíronse multitude de obras, traballos e investigacións e filmáronse decenas de películas. Con todo, a noticia de que morreu en Ceuta e non en Galicia xa está constatada e contrastada. Até hai uns anos mantíñase que morreu en 1854, ben no cárcere de Celanova, ben na prisión de Allariz e mesmo algúns apuntaban ao castelo de San Antón (A Coruña). Non había nada claro respecto diso ao perderse o seu rastro entre reixas. O labor dos investigadores galegos…

Ver+

A Andaina de Allariz cumpre 20 anos

Publicado 28 de maio 2017 A concellería de Deportes do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para participar nunha nova edición, e xa van 20, da Andaina de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio. A Andaina popular de Allariz, pioneira en Galicia, celebrábase por primeira vez no ano 1998 e dende entón a súa popularidade non parou de medrar. “50 kilómetros en 12 horas” é unha iniciativa coa que se pretende familiarizar aos participantes neste tipo de proba longa, ademais de potenciar e dinamizar…

Ver+