Espectáculo de Mentalismo e Hipnosis “Mental”. Auditorio do Carballiño

A compañía Escena Sonora Producción Cultural trae este sábado, 19 de xaneiro, ás 20,30 h., ao auditorio do Carballiño o espectáculo MENTAL. José Rivera e Susana Guisasola penétranse no fascinante mundo do mentalismo e a hipnosis para ofrecer un espectáculo sorprendente. Está recomendado para persoas maiores de 9 anos, e terá unha duración de entre 90 e 120 minutos. As entradas poden adquirirse por internet en Ataquilla. com ou no propio auditorio desde unha hora antes do espectáculo. Fonte: Concello do Carballiño

Ver+

Exposición da obra fotográfica de Roberto de la Torre dedicada aos “ fogueteiros”. O Carballiño

Tras a celebración do Arenteiro Fotográfico, cuxas exposicións estiveron abertas nos meses de novembro e decembro, a Asociación Ou´ Potiños retoma a programación habitual cunha exposición do fotógrafo Roberto de la Torre sobre os “ fogueteiros”, que se atopa no concello do Carballiño. Esta mostra permanecerá aberta ata mediados de febreiro, cando sexa substituida por outra exposición dedicada ao entroido, e que coincidirá coa programación do Entroido e da Festa da Cachucha.

Ver+

O Gran Balneario do Carballiño

O Gran Balneario utiliza o máis importante dos tres mananciais de augas mineiro-medicinais con que conta O Carballiño. Está situado na marxe esquerda do río Arenteiro, próximo ao Parque Municipal, pero tamén ao centro da vila. Posúe unha magnífica arboleda con carballos centenarios e haxas, que o converten en lugar ideal para descansar. No centro do recinto atópase o pavillón de agüistas que alberga o manancial de auga medicinal. Brota a unha temperatura de 26º e está especialmente indicada para as afeccións hepáticas, intestinais e otorrinolaringolóxicas. Ao seu lado atópase a casa de…

Ver+

Tres Galegos entre “Os Últimos de Filipinas”

Foto: Wikipedia // Igrexa de San Luís de Tolosa de Baler, onde as tropas españolas permaneceron atrincheiradas durante once meses. Corría o ano 1897 cando se asinaba o pacto de Biak-NaBato en Filipinas. O que en principio suavizaba a situación das tropas españolas nas illas, reducindo así o número de militares españois no arquipélago. E é nese momento cando o filipino Emilio Aguinaldo encabezará unha revolta contra os españois que finalmente levará á perda das Illas Filipinas. Como todos sabemos cento e pico anos despois, España perde a soberanía sobre as mesmas…

Ver+

Historia da Festa do Polbo do Carballiño e a súa relación con Marín

Foto: Wikipedia // Jose Luis Cernadas Iglesias De cómo o polbo chegou a introducirse en terras do interior de Galicia merece, cando menos, unha breve referencia histórica. Os documentos máis antigos que relacionan ao Carballiño coa tradición pulpera datan do século XVII e áchanse en Marín. Esta localidade pontevedresa foi priorado de Oseira durante varios séculos, chegando ata a posuír os frades cistercienses unha potente flota pesqueira. Marín estaba obrigada a entregarlle aos frades en compensación polos dereitos de foro unha determinada cantidade que se materializaba en especies, sobre todo cordeiros, galiñas e…

Ver+