Hoxe abriuse o prazo para anotarse na Semana dos Maiores 2019. Ourense

O Concello de Ourense abre o prazo, este luns 13 de maio, para anotarse na Semana dos Maiores que organiza a Concellería de Asuntos Sociais, un completo programa de actividades do 20 ao 24 de maio que pechará o curso con eventos deportivos (tai-chi e cachibol, todos os días ás 10:00 e 11:30 horas respectivamente no Xardín do Posío), entrega de diplomas dos cursos de informática e exposicións dos traballos realizados no curso de manualidades (no Centro Cívico A Cuña, na rúa Dr. Peña Rey 18), e as tradicionais representacións…

Ver+

Actividades do Concello de Ourense no Día das Letras Galegas

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día das Letras 2019 cun programa de actividades especificamente dirixidas a cativada e outras para persoas de todas as idades que se desenvolverán durante a  semana. O venres, 17 de maio, a Sala Valente acollerá ás 11.30 horas un concerto didáctico a cargo do Capitán Garfo: “Cociñando música”. Ás 12.30h, no mesmo espazo desenvolverase o acto institucional co concerto “Cantos de terra e sal”, de Carmen Penim e Banda. Xa pola tarde, ás 7, a festa sairá á rúas cun desfile da…

Ver+

Aprobada a licenza de obra para que a Xunta execute a restauración da igrexa da Trinidade. Ourense

A restauración da igrexa parroquial da Trinidade, que será executada pola Xunta de Galicia, xa conta coa licencia de obra municipal. “O proxecto, redactado polo arquitecto Ignacio Inaraja, ten un orzamento de execución material de 263.653,34 euros, e ten o visto bo da arquitecta municipal, da Comisión Técnica Municipal de Protección de Bens Culturais, da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, e conta ademais cos informes positivos do arqueólogo municipal e do departamento xurídico”, adiantaba esta mañá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na rolda de prensa posterior…

Ver+

Ourense réndelle homenaxe á Coral de Ruada dándolle o seu nome a unha céntrica praza da cidade

A Coral de Ruada dá nome desde hoxe á praza situada na confluencia da rúa Xoán de Novoa e a Avenida de Bos Aires, froito da homenaxe que o Concello de Ourense rendeulle esta mañá á agrupación ourensá, co que culmina o expedinte de honras aberto á agrupación ourensá no centenario do seu nacemento. O alcalde, a Corporación e representantes da Coral participaron nos actos que se desenvolveron primeiro no salón de plenos e posteriormente na propia praza. Nesta descubriuse a placa que lle dá o nome da Coral de…

Ver+

San Martiño Dumiense; o Apóstolo dos suevos (da Gallaecia)

Foto: Estatua de Martiño de Dumio en Braga, Portugal/ Wikipedia Naquela época había diferentes correntes evanxelizadora dentro do cristianismo, que convivían con pagáns, dentro do cristianismo habíaos que eran partidarios  do arrianismo, outros galegos xa romanizados seguían a teoría de Prisciliano… E nisto chegou a Galicia San Martín Dumiense, e este San Martín está ligado ao de “Tours” pola figura do rei Carriarico. Segundo a narración de de o historiador da Igrexa Gregorio de Tours (538-594), Carriarico (rei de Galicia entre os anos 550 e 559); tiña un fillo que sufría lepra, e…

Ver+

Programa da MITEU (Maio). Mostra Internacional de Teatro Universitario. Ourense

  martes 7 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL GRUPO: TEATRO ESPRESSIVO (COSTA RICA) ESPECTÁCULO: La construcción del muro [+ INFO] mércores 8 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL GRUPO: TEATRO LA POLEA (NICARAGUA) ESPECTÁCULO: La emigrante, la Nica [+INFO] 21’30 NO AUDITORIO MUNICIPAL GRUPO: TEATR’UBI (PORTUGAL. COVILHÃ) ESPECTÁCULO: Cântico negro [+INFO] xoves 9 de maio 20’30 NO AUDITORIO MUNICIPAL GRUPO: ALBERTO SAN JUAN & FERNANDO EGOZCUE (MADRID) ESPECTÁCULO: España ingobernable [+INFO] venres 10 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL GRUPO: LOS PINCHES CHAMACOS (MÉXICO) ESPECTÁCULO: Papá está en la Atlántida [+INFO] 22’30 NO AUDITORIO MUNCIPAL GRUPO: TEATRO DEL BARRIO (MADRID) ESPECTÁCULO: La sección (Mujeres en el fascismo español) [+INFO] sábado 11 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL CLAUSURA DA XXIV MITEU Entrega de Premios do Xurado…

Ver+

Fin de semana no Auditorio de Ourense: MITEU, Sés e Antonio Orozco

A Mostra Internacional de Teatro Universitario, con Alberto San Juan, TeatrUbi e Teatro del Barrio, versións galegas de cancións populares do século XX a cargo de Sés, e a xira Único de Antonio Orozco forman a proposta de actividades do Auditorio de Ourense para esta semana. As entradas pódense adquirir en www.ataquilla.com ou no despacho de billetes dúas horas antes de cada actuación. A cantante coruñesa Sés presentará este sábado (20:30h) no Auditorio o seu último traballo: “A rabia ao silencio”, cunha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor nun espectáculo acústico e…

Ver+

Torneo de xogos de mesa tradicionais. ‘Xogando cara a cara’. Ourense

A Concellería de Xuventude convoca, este sábado 11 de maio no Espazo Lusquiños, a mozos e mozas de 12 a 30 anos a unha xornada de xogos de mesa de sempre, tanto de grupo coma individuais. “Xogando Cara a Cara” é unha actividade que quere potenciar un lecer baseado no contacto entre iguais, sensibilizar a mocidade local na necesidade de participar e relacionarse fóra de espazos virtuais, así como dinamizar os espazos culturais e xuvenís da cidade como lugares de encontro. A actividade, dentro do programa Ourense Xove que desenvolve…

Ver+

Concello de Ourense, Xunta e Deputación analizarán actuacións estratéxicas nas Termas da Chavasqueira

“O Concello de Ourense, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia crearán un comité técnico para analizar as actuacións estratéxicas de desenvolvemento termal no ámbito de A Chavasqueira”. Así o confirmou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, logo dunha reunión na que participaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas; a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; o deputado de Cooperación, Pablo Pérez e membros da Corporación local. Na súa intervención, o…

Ver+

Conferencia “Filosofía Medieval”. Ateneo de Ourense

Día 9, xoves, ás 20:00 horas: Conferencia “Filosofía Medieval” por Don Miguel Guerra Rodríguez. Licenciado en Filosofía e CC da Educación, e en Psicoloxía. Na sede temporal do Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Progreso 30 O profesor realizará un repaso polas principais correntes da Filosofía Medieval tanto a nivel da Alta como da Baixa Idade Media con especial énfases nas dúas grandes figuras da Escolástica clásica europea: Agustín de Hipona coa súa adaptación da teoría platónica ao pensamento cristián medieval e Tomás de Aquino co seu enfoque…

Ver+