‘Camiños de terra’. Unha aventura que promocionara Ourense nunha viaxe por Europa realizado nunha caravana autosostenible. Verín

Foto: Concello de Verín O proxecto Camiños de Terra, unha iniciativa impulsada por  Pixel  Audiovisuais e  MundiNova Consultores de Comunicación, e na que colabora o Concello de Verín, que consiste na gravación dun documental que narrará a viaxe de Galicia a  Galitzia (Polonia) nunha caravana  vintage  autosostenible. Ademais, durante a viaxe promocionarase a provincia de Ourense como destino turístico e termal e a candidatura de Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Á presentación do proxecto asistiron o presidente da  Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar; o coordinador do proxecto…

Ver+

Verín: natural como as súas augas

Foto: Aguas de Sousas Das augas vai o asunto e por tanto falaremos das súas fontes e balnearios. O primeiro dos balnearios que visitamos é o de Cabreiroá que está situado máis ou menos 1 km do centro histórico de Verín. As augas deste manancial foron declarados de utilidade pública no ano 1906. O gran impulsor deste espazo termal, foi o empresario José García Barbón que xunto co certificado emitido por Ramón y  Cajal en relación ás propiedades curativas das augas darán o impulso definitivo para construír o balneario en…

Ver+

Aberta a tenda oficial do Entroido 2019. Verín

O Concello de Verín abre o público a súa tenda oficial do Entroido situada na Praza García Barbón. Esta iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para financiar devanditos festexos. Na tenda, que abrirá en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, veciños e visitantes poderán adquirir sudaderas, camisetas, panos, bragas, cuncas e chapas; todos eles, co emblema identificativo do Entroido de Verín 2019.

Ver+

Exposición “Entroido é todo” de Aurora López. Verín

Foto: Concello de Verín Até o día 8 de marzo, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Entroido é todo” de Aurora López. Vintesete obras, asinadas co seu nome de pía ou co de Tirabeke (que utiliza como deseñadora), compoñen esta exposición monográfica sobre o tema Entroido que está aberta de luns a venres das 16:30 ás 20 h. A mostra ofrécenos unha viaxe rápida e sucinta polos distintos aspectos nos que a pintora e deseñadora de Albarellos de Monterrei aplica a súa creatividade sobre a festa máis…

Ver+

Programa Entroido Verín 2019

Dende o 21 de Febreiro ao 10 de Marzo, as rúas e prazas de Verín acollen a celebración do Entroido 2019, unha das celebracións máis ancestrais e participativas de Galicia, que foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional no ano 2009. PROGRAMA OFICIAL XOVES DE COMPADRES (21 de febreiro) Os “compadres”, dan o pistoletazo de saída ao tradicional Entroido de Verín que arrinca tras a primeira saída dos cigarróns. As 00:00 horas, tras as típicas ceas nos restaurantes da localidade, Os “compadres” percorrerán, ataviados cos seus característicos chapeus, bigotes e gabardinas,…

Ver+

Verín acolle dúas mostras na Sala de Exposicións

Desde o 29 de xaneiro,  a Sala de Exposicións de Verín acolle as exposicións “OBXECTIVOS DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE”, ata o día 14, e “15 VISIÓNS: UNHA PERSPECTIVA DE DIFERENTES REALIDADES DESDE O PUNTO DE VISTA DA ARTE”, ata o día 7 de febreiro. Coa finalidade de divulgar os 17 obxectivos que se pretenden conseguir até o ano 2030, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (no que participa o Concello de Verín) reuniu a 15 debuxantes de Galicia, Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau para que realizasen 17 viñetas, unha por cada un…

Ver+

Sesión de cinema de venres a domingo en Verín

Durante os días 1, 2 e 3  de febreiro, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas “El gran baño” e “La gran aventura de los Lunnis y el libro mágico” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: 01-02-19: EL GRAN BAÑO: 19:15 e 22:00 h 02-02-19: LA GRAN AVENTURA DE LOS LUNNIS: 17:00  e 19:00 horas                            EL GRAN BAÑO: 22:00 h. 03-02-19: LA GRAN AVENTURA DE LOS LUNNIS: 17:00 h EL GRAN BAÑO: 19:15 e 22:00 h.   Entradas…

Ver+

Aberto o plazo de inscrición para o Bautizo do Cigarrón Entroido 2019. Verín

Aberto o plazo de inscrición para aqueles que queiran participar neste evento o sábado 02 de marzo do 2019, na praza da Merced de Verín, a partir das 16:00h, sen límite de idade, con límite de rexistro. Os interesados deberán enviar un correo electrónico a ocigarron@gmail.com co nome completo, data de nacemento e número de teléfono. Deben ir acompañados para vestirse e recibir a bendición como cigarrón. Durante este evento, haberá un monólogo, o bautizo do cigarrón, unha ofrenda na praza do cigarrón, reparto gratuito de bica e algún espirituoso,…

Ver+

Deseñado o Cartel Oficial do “Desfile Infantil” do Entroido 2019 de Verín

O CPR María Inmaculada deseña o cartel oficial que representará o vindeiro ‘Desfile Infantil’ do Entroido 2019, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín. Nesta ocasión, do mesmo xeito que na anterior edición, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile,  nesta ocasión, o CPR  María Inmaculada. Tras elaborar este centro tres carteis, representantes das Garderías Pinocho e a Asociación Tres Reinos de A Gudiña; os…

Ver+