Historia da Festa dos Fachós de Castro Caldelas

foto: wikipedia // loisrua +800.000  A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do día de san Sebastián, comeza coa caída do sol e prolóngase durante a noite. Esta celebración converteuse nunha das tradicións de culto ó lume máis representativas de Galicia , na liña doutros folións con fachas que aínda persisten. Consiste a festa nunha procesión na que se portan centos de fachos arredor do castelo de Castro Caldelas, partindo da igrexa dos Remedios e facendo un percorrido en plena escuridade tralo facho principal (de varios metros de longo), que precede a…

Ver+

Festa dos Fachós 2019. Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do S. Sebastián, comeza arredor das 19:00h, entre o “lusco e fusco” coa caída do sol e prolóngase durante a noite, converténdose nunha das tradicións de culto ao lume máis representativas de Galicia. +Info Concello de Castro Caldelas

Ver+

Roteiro pola Ribeira Sacra (Ourense- Lugo)

Miles de historias e lendas rodean este impresionante lugar, pero de entre todas elas sorprendeunos este relato de claras reminiscencias clásicas: Pero a súa esposa, a deusa Juno, non estaba polo labor de compartir o seu amor cunha estraña, polo que pensou que, si na face daquela fermosa terra abría unha gran ferida, Júpiter terminaría por repudiala. Unha ferida que nalgúns lugares case alcanza os 300 m. de desnivel na vertical e que hoxe son os marabillosos “Canóns do Sil”. ¬CLICK AQUÍ PARA VER OU DESCARGAR O ROTEIRO

Ver+

Polas terras da D.O. Monterrei

Monterrei, dominado pola súa cidade-fortaleza, e Verín, terra de entroidos ancestrais, mostrarannos os segredos do viño da máis xove denominación de orixe galega. A beleza e monumentalidade do Val de Monterrei Propoñémosvos chegar a primeira hora da tarde ao Val de Monterrei, na marxe do río Támega. Estamos na zona suroriental da provincia de Ourense, moi preto de Portugal. Tras deixar as maletas no hotel comezaremos esta aventura enoturística explorando as fermosas poboacións do val. A parroquia de Vilaza, no concello de Monterrei, resulta un excelente punto de partida, pola súa proximidade ao enlace…

Ver+

Hotel Monumento Mosteiro De San Clodio – Leiro (Ourense)

Fundado como mosteiro  no 928, adscribiuse á reforma cisterciense no 1225 e foi incorporado á congregación de Castela no 1536. Coa desamortización pasou a ser cuartel militar e en 1891 instalouse unha comunidade benedictina de Samos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1982 e actualmente alberga un hotel de catro estrelas. A variedade de estilos, dende o románico ao barroco, configuran un monumento singular. CATEGORÍA: 4 ESTRELAS Número de habitaciones: 25 habitaciones. UBICACIÓN:San Clodio s/n 32420 Ourense Leiro (Ourense) Teléfono:(0034) 988485601 E Mail: reservas@monasteriodesanclodio.com Páxina Web: http://www.monasteriodesanclodio.com/ Un monasterio cisterciense do século XII maxistralmente…

Ver+

A Lamprea: Única e inigualable

Posiblemente moitos dirán que non hai un produto en Galicia máis singular. Outros moitos afirmarán que non hai produto máis exquisito, que é un prato digno de deuses. Outros dubidarán se fincarlle o dente ou non… Pero o certo é que para opinar, hai que probala! A lamprea é un peixe azul moi primitivo que xa habitaba os ríos e mares da Terra hai máis de 400 millóns de anos. Ten forma de anguía e o seu trazo máis identificativo é a súa boca e a súa forma de alimentarse:…

Ver+

Mosteiro Parador De Santo Estevo De Ribas De Sil

Foto: Wkipedia/  José Antonio Gil Martínez Antigo mosteiro benedictino situado na comarca de Ourense, ó norte do municipio de Nogueira de Ramuín, na ladeira meridional do río Sil. Aínda que se atribuíu a súa fundación a San Martín Dumiense no século VI, a primeira documentación conservada é un privilexio de Ordoño II do ano 921; nel autoriza ao abad Franquila a reconstruír o mosteiro, concedéndolle numerosas posesións. Durante os séculos posteriores crece a súa importancia, creándose a que parece en parte lenda, que afirma que durante os séculos X e XI…

Ver+

Fai turismo mirando estrelas

O Rañadoiro de Pena Trevinca- foto do Concello da Veiga Antes, só aqueles que posuían un telescopio ou visitaban un observatorio podían observar en toda a súa plenitude a beleza do universo. Por sorte, desde fai uns anos, gozar do patrimonio celeste é un plan accesible grazas aos esforzos de institucións como a fundación Starlight. España, con varias zonas que destacan pola calidade do seu ceo, é un dos destinos idóneos para practicar o astroturismo, un sector emerxente que aúna a ciencia co desenvolvemento rural sostenible. En Galicia contamos con dous…

Ver+

Balneario de Baños de Molgas, funcionado desde 1873

A súa fachada de pedra, restaurada en 2005, queda tan a beiras do río Arnoia que non é raro ouvir saltar xunto a ela ás troitas de até tres quilos que se pescan pola zona e que mesmo poden verse desde a nova galería con vistas ao río que nesta mesma data acondicionouse como sala de estar no hotel. É este un balneario familiar no que aos clientes acábaselles coñecendo polo seu nome e onde á hora da comida ou a cea aínda se toca a campá para que os…

Ver+

A Ribeira Sacra , delicia e recollemento no Sil

É unha zona fascinante da Galicia interior,  que sen dúbida é unha área turística de primeiro nivel. Na actualidade, xa é un destino elixido  por quen desexan gozar dunha paisaxe en estado puro. “A estrela” e “socio” constante deste traxecto é o río Sil, un caudaloso e longo río de 225 km de percorrido, que nace na provincia de León e que converxe co Miño algo máis abaixo do encoro de Os Peares. O Sil xa  interesou no seu momento aos romanos que buscaron pebidas de ouro na súa canle, cousa…

Ver+