Premio Poio Móvese 2019

A Concellería de Deportes, dende o Consello Municipal de Deportes, pon en marcha un evento dirixido a premiar o Deporte Local. Para o mesmo terá lugar un acto conmemorativo o 15 de febreiro de 2019 no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó. Este acto ten como obxectivo principal recoñecer publicamente o esforzo, a dedicación, a entrega e todos os valores que o Deporte comporta; e para que sirva de espello para incentivar aos máis pequenos e á poboación en xeral na práctica do deporte. Acolléndonos á decisión adoptada polo Consello Municipal de Deportes do…

Ver+

O Concello de Marín incorpora o “Selo Padrón” os trámites telemáticos

Con data 9 de xaneiro publicouse no BOOP o anuncio da creación do “selo padrón de habitantes do Concello de Marín”. Este é un paso máis na modernización dos trámites administrativos do Concello de Marín, que redundan na poboación. A Lei 40/2015, de 1 de octubre de Réxime Xurídico do Sector Público define no seu artigo 41 a actuación administrativa automatizada como calquera acto ou actuación realizada íntegramente a través de medios electrónico por unha Administración Pública no marco dun procedemento administrativo e na que non interveña de forma directa…

Ver+

Ruta Padre Sarmiento

Xa sexas un peregrino ou un ávido e curioso turista, pode ser do teu interese a Ruta do Pai Sarmiento, unha variante do Camiño Portugués pola rexión do Salnés, que lembra a última viaxe deste ilustrado, que pasou gran parte da súa vida en Pontevedra. 1ª Etapa o 27 de xaneiro partindo de Pontevedra da Ponte do Burgo +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Escolas Deportivas de Vela de Combarro

As Escolas Deportivas de Vela en Combarro estarán á disposición dos usuarios de 6 a 17 anos de xaneiro a maio. As túas crianzas aprenderán a navegar e conservar o noso medio natural nunha actividade única. +INFO 986770001 (ext 1214) Ou no correo electrónico deportes.poiomovese@concellopoio.gal  

Ver+

Chega unha nova edición de Noites Abertas… e van vinte. Pontevedra

Arrancará o vindeiro venres 25 de xaneiro e estenderase até o sábado 6 de abril (9 fins de semana) Moito se ten andado e aprendido nestas dúas décadas. Se na primeira edición o programa municipal de lecer xuvenil contou cunha oferta de 13 actividades diferentes, coa colaboración de 9 asociacións e unha empresa e un orzamento de 6.000 euros; hoxe temos por diante un programa de 96 actividades (e 234 sesións diferentes), con 161 monitores/as, 1 director de actividades, 5 persoas de control de instalacións; 2 axentes e un estudante…

Ver+

Bueu celebra este domingo o IV Memorial de Traiñeiras Pepe O Ruso

Tras o éxito das tres primeiras edicións, o Club do Mar de Bueu, coa colaboración do Concello de Bueu, organiza este domingo, 20 de xaneiro, o IV Memorial Pepe o Ruso, unha regata a contrarreloxo na que participarán un total de 27 embarcacións. Así o apuntaron os membros da directiva do club, Rosa María Carballo e Javier Pazos, na rolda de prensa que se celebrou este mediodía no salón de plenos do Concello de Bueu, e na que tamén estiveron presentes o alcalde, Félix Juncal, e o concelleiro de deportes,…

Ver+

Libro sobre Cruceiros de Combarro

Foto: Mateo Fontán Couto Presentouse o pasado mes de decembro no Casal de Ferreirós de Poio unha nova monografía sobre cruceiros, esta vez ocupándose dos do Conxunto Histórico Artístico de Combarro. O libro foi editado polo Concello de Poio coa autoría de Andrés Dacosta Pérez. Trátase doutra ollada sobre o rico patrimonio cultural de Combarro, complementando anteriores publicacións, máis ou menos recentes, coma a Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro escrita por Rafael Vallejo e publicada pola Deputación de Pontevedra en 2017. Nas setenta e dúas páxinas da obra…

Ver+

O Concello iniciará o vindeiro mes a campaña de compostaxe individual no rural pontevedrés

O Concello de Pontevedra iniciará a finais de mes ou primeiros de febreiro o despregue dos 8.000 composteiros individuais no rural pontevedrés. Comezará polas parroquias de Salcedo, Tomeza e Campañó, onde xa se tiñan realizado experiencias piloto, algunhas que datan de hai dez anos e outras máis recentes de fai cinco anos. Así o anunciou esta mañá o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores no transcurso da sinatura dun convenio coa Deputación provincial e a Federación Rural Galega, encargada de achegar o persoal necesario para o funcionamento desta campaña no rural…

Ver+

A Asociación Veciñal da Banda do Río entregou os premios da andaina fotográfica. Bueu

A Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa acolleu na tarde deste xoves, 17 de xaneiro, o acto de entrega de premios da andaina fotográfica organizada pola Asociación Veciñal da Banda do Río, que se celebrou o 2 de decembro neste barrio mariñeiro. O alcalde de Bueu, Félix Juncal, declarou que “son importantes estas actividades que manteñen os vínculos entre xeracións” e tamén falou da fotografía coma esa arte que nos fai pararnos diante do que temos ao redor. Na andaina participaron unha trintena de persoas, e os premios dividíronse entre…

Ver+

O cómico italiano Leo Bassi achega ao Pontevedra o seu espectáculo ‘El último bufón’

Sábado 9 de febreiro ás 21h. no Teatro Principal En “El último bufón”, o cómico de orixe italiana Leo Bassi repasa os seus 40 anos de traxectoria teatral a través dun descubrimento realizado pola irmá de Leo, Joanna, no arquivo da Fundación Lumière en Lyon, Francia. En maio de 1896, os Irmáns Lumière filmaran ao seu bisavó Giuseppe e ao seu tío Giorgio cando ambos traballaban no Circo Rancy da mesma cidade de Lyon. Son gravacións moi valiosas, probablemente as primeiras imaxes en movemento de pallasos da historia, que nos…

Ver+