A Corporación de Bueu aproba unha declaración de apoio á veciñanza da Illa de Ons

A corporación local de Bueu aprobou na sesión plenaria celebrada este luns no Centro Social do Mar unha declaración institucional de apoio á veciñanza da Illa de Ons, para reivindicar o seu libre acceso á Illa. Na moción, aprobada por unanimidade tras ser consensuada nunha Xunta de Voceiros e nunha reunión coa veciñanza, acordouse esixir á Xunta de Galicia o recoñecemento das veciñas e veciños de Ons e o seu círculo e entorno familiar como elementos fundamentais de Ons, comprometéndose a garantir o exercicio dos seus dereitos, entre os que…

Ver+

Aser Álvarez gaña o XVI Premio Johán Carballeira de Xornalismo. Bueu

Aser Álvarez González erixiuse gañador do XVI Premio Johán Carballeira de Xornalismo pola súa reportaxe titulada “Ferrín e a poesía do circo”, publicada no xornal dixital www.adiante.gal, polo que se fará con 1500 €.   O xurado, conformado por Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos de Johán Carballeira de Bueu, e as xornalistas Ana Cabaleiro e Montse Dopico, xustificou a súa decisión en que “como produto xornalístico destaca pola súa orixinalidade e estrutura, así como a relación que establece entre circo, teatro e literatura, ao mesmo tempo que…

Ver+

Bueu recibe ao taekwondista Ángel López Ventín

O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu na tarde deste xoves o acto de recibimento oficial a Ángel López Ventín, deportista da vila que vén de recoller o título de campión de España de Taekwondo na categoría de freestyle +18, na competición celebrada en Alicante o 10 de marzo. Así mesmo colleitou cinco medallas no europeo, que tivo lugar en Turquía do 2 ao 6 de abril: Prata dinamic Kick (trinking), Prata spinning kick, bronce jumping múltiple kick, bronce freestyle breaking e bronce en freestyle poomsae over 17.…

Ver+

Bueu Promove un Plan para o Risco de Incendios Forestais

O Concello de Bueu vén de encargar os traballos técnicos para elaborar un plan de actuación municipal para o risco de incendios forestais (PAM), por un importe de 15.000 € con cargo a fondos municipais. Segundo salientou Martín Villanueva, concelleiro de urbanismo, “este plan servirá como instrumento e guía á hora de afrontar o problema dos incendios, ao permitirnos saber que superficie temos afectada e en función diso tomar decisións”. Os encargados de levar a cabo os traballos son Manuel Peixoto, enxeñeiro forestal, e Jaime Corral, director de seguridade, quen…

Ver+

II Feira da Ciencia e Literatura. Bueu

Tras o éxito do pasado ano, o Concello de Bueu volverá apoiar a II Feira da Ciencia e da Literatura, un proxecto educativo e social que nace desde o IES Johán Carballeira co fin de visibilizar o papel das mulleres na ciencia e na literatura, e que se celebrará o vindeiro 4 de maio na carpa sita na céntrica Praza Massó, con horario entre as 11.00 e as 14.00 h e das 17.00 ás 20.00 horas. A principal novidade é que este ano participan todos os centros educativos da vila,…

Ver+

Balance da Oficina de Turismo de Bueu durante a Semana Santa

A Oficina de Turismo de Bueu recibiu un total de 300 visitantes entre o 13 e o 21 de abril, datas nas que este espazo estivo aberto ao público. As estatísticas entregadas pola empresa prestadora do servizo ao Concello demostran que o día con máis visitas foi o xoves 18, cando 62 persoas pasaron pola Sala Amalia Domínguez Búa, seguido do sábado con 54 e o venres con 48. O turismo da Semana Santa na vila bueuesa estivo marcado pola presenza de visitantes de ámbito nacional, cunha ampla maioría dos…

Ver+

Bueu levará o asunto do cupo de Ons ao pleno

O goberno local convocou unha nova reunión coa veciñanza, que terá lugar o 3 de maio ás 18.30 h no Centro Social do Mar A problemática sobre o cupo de Ons e a necesidade de que del quede excluída a veciñanza será un dos asuntos a tratar na próxima sesión plenaria do 6 de maio, última da presente corporación. Así se acordou este luns na xuntanza mantida entre o goberno local bueués e os veciños e veciñas da Illa, na que mostraron a súa unidade para reivindicar “o noso acceso…

Ver+

O Concello de Bueu da o seu apoio aos veciños de Ons e remite un escrito á Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Foto: Wikipedia // Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) Félix Juncal, alcalde de Bueu, remitiu este luns un escrito dirixido a Ana Belén Do Campo, Directora Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, na que solicita que se reconsidere a decisión de aplicar as restricións do cupo de visitantes ás familias de Ons e ao seu entorno. Esta petición acordouse na reunión mantida o pasado venres cos illáns e illás, na que o goberno local mostrou todo o apoio ás súas demandas e explicou os pasos dados desde o Concello de…

Ver+

O alcalde de Bueu reúnese coa oficina técnica do Pacto dos Alcaldes Polo Clima e a Enerxía

Félix Juncal, alcalde de Bueu, reuniuse na mañá deste xoves cun responsable da Oficina Técnica do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, órgano que servirá de enlace para asesorar a municipios e entidades participantes. Tras o encontro, o rexedor salientou que o próximo paso é elaborar ao longo deste ano o Plan de Acción para o Clima e Enerxía (PACE), un instrumento de acción que terá que xestionar o propio Concello e que deberá incluír varias liñas estratéxicas, como as infraestruturas e equipamentos públicos, o uso residencial, o…

Ver+

Bueu convoca unha reunión coa veciñanza da Illa de Ons

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, convoca a todas as veciñas e veciños da Illa de Ons a unha reunión que se celebrará o vindeiro venres, 12 de abril, ás 18.30 h no salón de plenos da Casa Consistorial. O motivo da xuntanza é escoitar as demandas da cidadanía e explicar os trámites que o Concello leva a cabo para defender os intereses sociais neste espazo. Juncal mostra o seu malestar pola falta de “lealdade institucional” da Directora Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Ana María López, quen…

Ver+