Entroido, Domingo de Piñata en Carballedo. Concello de Cerdedo – Cotobade

Domingo de Piñata. 10 de marzo Desfile desde a Praza do Concello , sede Carballedo, ata o pavillón de deportes. Animación, inchables, concurso de disfraces e ao rematar degustación gratuíta de postres de entroido.

Ver+

Capela da Carballeira de San Xusto – Cotobade (Pontevedra)

A pequena ermida conserva o presbiterio cuberto, do século XV/XVI, con bóveda de nervaduras. Remata en cúpula central dun só van. Ten un pequeño adro pechado por muro baixo que quizais fora en orixe ao que se lle engadiu recentemente un crecemento en altura transformándose nun pórtico de acceso sobre columnas con tellado a tres augas. Neste soportal ábrese o acceso principal, porta alintelada enmarcada por pilastras caixeadas que rematan en liña de imposta, e dous pequenos vaos enreixados sobre os que se sitúa o lintel con inscrición de ampla…

Ver+

O Río Lérez

Foto©Porgaliciabaixo O Río Lérez é considerado un dos grandes ríos galegos, atopándose nunha zona cunha elevada pluviosidade. O seu nacemento atópase a novecentos metros de altitude, do mesmo xeito que o seu irmán Umia na parroquia de Aciveiro, no Monte de San Bieito en plena Serra de Candán (Concello de Forcarei). Ten un percorrido duns sesenta quilómetros aproximadamente, transcorrendo as súas augas polos concellos de Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cotobade desembocando na cidade de Pontevedra onde se funde co mar formando a ría. (A Unión Europea integrouno con cento corenta e nove hectáreas na Rede Natura 2000).…

Ver+

A Carballeira de San Xusto – Cotobade (Pontevedra)

Atópase na parroquia de San Xurxo de Sacos nunha lomba sobre o río Lérez.É un lugar tradicional de encontro e referencia de lendas e vellos contos; contén carballos centenarios ademais de castiñeiros e carballo americano. Dunha ampla extensión no pasado, hoxe está moi minguada. Entre 1990 e 1996 houbo un conflito pola propiedade da carballeira entre os veciños da parroquia de San Xurxo de Sacos e a arquidiocese de Santiago de Compostela. O 6 de xuño de 1990 o párroco Manuel Lorenzo efectuou en Ponte Caldelas o rexistro a nome…

Ver+

O Mosteiro que se rebelou contra a vontade de Pedro Madruga: San Pedro de Tenorio

Foto: Wikipedia / Estevoaei Este Mosteiro medieval atópase na poboación do concello Cerdedo – Cotodabe de Tenorio. Se nos mergullamos nas súas orixes teremos que viaxar ata o s.X, onde é nomeado no ano 1703 en documentos do Mosteiro de San Salvador de Lérez., e no que abade de Tenorio aparece como confirmatorio. No s. XV, Pedro Madruga nomeou un novo abade , cambiando ao que había en Tenorio, por un monxe do mosteiro de Lérez, o que causa o abandono do mosteiro por parte dos monxes, que non acataron o nomeamento.  …

Ver+

Un paseo pola Historia de Pontevedra e a súa comarca

Non é fácil atopar territorios que garden tantos rastros de prehistoria como podemos achar en toda a provincia de Pontevedra, que abarcan desde o Neololítico ao Megalítico, pasando pola etapa castrexa e o dominio romano. Igualmente poderiamos falar da abundancia de montículos, mámoas e petróglifos que poderemos admirar en Cotobade, Campo Lameiro, Ponte Caldelas , Marín, Vilaboa, Poio… Todo iso forma parte do noso patrimonio inmaterial colectivo, en forma de lendas, mitos… en definitiva da nosa cultura. No caso de Pontevedra cidade, alcanza a lenda ao mismísimo Teucro como fundador…

Ver+

Pontevedra: culto á pedra, desde a prehistoria

Foto: Petroglifo Mogor/wikipedia/Lansbricae Poucas terras conservan semellante abundancia de vestixios da prehistoria como estas de Pontevedra, que abarcan desde o Neolítico e sobre todo o Megalítico, até os tempos castrexos e inicios da ocupación romana. A ampla e variada relación de petróglifos atopados nos montículos de Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa vese complementado polas mámoas megalíticas e os castros que, en cuantioso número, modifican delicadamente a orografía. En conxunto, todos estes restos favoreceron a transmisión dunha rica tradición popular que asocia a estas pegadas do pasado…

Ver+