Toda a información do Concello de Pontevedra no teu móbil

A app Pontevédrate ofrece información de distintos departamentos municipais, de servizos como lixo ou auga, a web municipal ou a páxina de inscrición nas actividades municipais Xa está dispoñible en Android e, dende o vindeiro luns, en iOS A Concellería de TICs encargou o desenvolvemento daferramenta a TokApp O Concello de Pontevedra presentou esta a app municipal “Pontevédrate” que está dispoñible para Android e, en vindeiros días, para iOS. O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Alberto Oubiña, presentou esta nova ferramenta municipal, acompañado de Edelmiro Justo, xerente de TokApp, empresa encargada…

Ver+

“Ollos sobre o Mar”. Hoxe Teatro no Centro Social de Bueu

O Centro Social do Mar de Bueu acollerá este sábado, 2 de febreiro, a obra de teatro “Ollos sobre o mar”, que será representada ás 20 h pola compañía canguesa Mar Aberto e con entrada de balde ata completar aforo. A obra, dirixida por Zé Paredes e Mónica Camaño, conta as lendas e historias relacionadas co mar. De entre o elenco de actores e actrices están Avelina Martínez, María Carmen Fernández, Moncho Rodríguez, Vicente Martínez, Lina Gallego, Olga Rodríguez, Jaime Villalón, Fina Cordeiro, Antonio Fandiño, Lino Santiago, Araceli Gato, Helena…

Ver+

Cineclub Bueu: “The Florida Project”

O Cineclub Bueu organiza o venres 1 de febreiro a proxección do filme “The Florida Project”, que se poderá ver no Centro Social do Mar ás 21.00 h. A cota de entrada será de 2 € para socios/as do Cineclub e de 4 € para non socios/as. SINOPSE: Moonee soña con ir a Disneylandia, pero o máis preto que estivo é o motel barato ás aforas de Orlando no que vive coa súa nai Halley, de 22 anos: o Magic Castle Motel. O máis parecido que Moonee ten a un…

Ver+

Programación Cultura Redondela Inverno 2019

De xaneiro a  Maio- Programación Adultos. Ciclo teatro Infantil. Ciclo Monólogos de Humor. VII Ciclo de Teatro Afeccionado Chapela. Exposicións. Roteiros. Programación Semana Santa. ¬VER / DESCARGAR PROGRAMA COMPLETO CLICK AQUÍ

Ver+

Cineclube Pontevedra: «As pantasmas de Ismael»

Martes, 5 de febreiro as 20:30h no Teatro Principal de Pontevedra.  AS PANTASMAS DE ISMAEL [“Les Fantômes d’Ismaël”, Arnaud Desplechin, Francia, 2017, 135 min. Lingua: francés] Ismael (Mathieu Amalric) é director de cinema e está escribindo o guión dun novo filme inspirado na vida do seu irmán, un diplomático que na súa longametraxe vai ser tamén un espía. Leva xa dous anos saíndo con Silvia (Charlotte Gainsbourg), unha astrofísica que coñeceu nunha festa. Considérase viúvo, pois 21 anos atrás a súa esposa Carlota (Marion Cotillard) despareceu sen deixar rastro. A súa…

Ver+

“Un que chega de fóra percibe que Pontevedra é unha cidade para estar, para vivir”

Foto©Porgaliciabaixo Ana Montalbán, arquitecta-urbanista e nova coordinadora técnica da Rede de Cidades que Camiñan está en Pontevedra co fin de coñecer en profundidade e de primeira man a transformación urbana que fai da cidade un referente no mundo. Aproveitando a súa estancia en Galiza, achegarase tamén a coñecer Carballo, membro da rede; e a Ferrol, cidade interesada en formar parte dela. O alcalde Miguel Fernández Lores, presidente da Rede de Cidades que Camiñan, reuniuse con Montalbán coa que comparte o afán de “traballar a prol de facer unhas cidades máis…

Ver+

A creación de UTEs, nova sesión formativa de Pontevedra ten un Puntazo

A Casa da Luz acolle o vindeiro sábado 2 de febreiro de 10.00 a 14.00 horas- unha nova sesión de traballo do programa de formación empresarial de Pontevedra ten un Puntazo. Trátase do Obradoiro de creación de UTEs, onde se vai a falar de como presentarse a licitacións públicas en UTEs e como sacarlle partido e facer mais competitiva a rede Puntazo!! Pontevedra ten un Puntazo é unha iniciativa promovida pola Concellería de Promoción Económica e da Cidade que dirixe Anabel Gulías e ten como destinatarios á industria, empresas e…

Ver+

Lourizán disporá de novo centro social neste mes de febreiro. Pontevedra

O novo Centro social de Lourizán, situado no casco de Estribela estará rematado ao longo do mes de febreiro, tal e como anunciou esta mañá o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, durante a visita que fixo ao que era o antigo mercado de Estribela. “Sorprendeume agradablemente” asegurou o alcalde quen afirmou que “nos gusta que todas as parroquias e os núcleos máis importantes teñan local social, porque son os lugares nos que se fai a cohesión social, onde a xente se reúne, convive, discute…”. Afirmou que “Estribela xa tiña un…

Ver+

O Concello de BUEU comeza as obras de rehabilitación do lavadoiro da Banda do Río

O Concello de Bueu comeza as obras de rehabilitación do lavadoiro da Banda do Río, que contan cun orzamento de preto de 25.000 euros estanse acometendo por parte Construccións Medraño con cargo ás subvencións de rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico – cultural 2018 da Deputación de Pontevedra. No proxecto mantivéronse as trazas compositivas existentes, utilizando materiais naturais como son a pedra e a madeira.  A cuberta arranxarase a un auga con acabado en tella cerámica, a fin de potenciar a presenza do lavadoiro, e tamén se instalarán dúas lonas…

Ver+