Escolares de Sanxenxo aprenderán normas básicas de seguridade viaria para previr sinistros de tráfico

Fundación MAPFRE, en colaboración co Concello de Sanxenxo, poñerá en marcha, do 22 ao 26 de abril, a Caravana de Seguridade Viaria. Unha actividade educativa gratuíta na que os máis pequenos aprenderán a comportarse de forma responsable e segura como peóns, como viaxeiros e como condutores de bicicletas. Durante a actividade, expertos na materia transmiten a nenos de entre 8 e 12 anos a importancia de usar os sistemas de retención infantil, abrocharse correctamente o cinto, utilizar o casco ciclista e establecer contacto visual cos condutores ao cruzar a vía…

Ver+

Ultimando os traballos de asfaltado das pista do rural. Sanxenxo

O goberno destinou 444.642€ do orzamento de 2019 a distintas actuacións no rural. En concreto, invístense 361.175€ no asfaltado de 10 pistas e 7 dotacións de saneamento e auga. Outros 83.467€ destínanse á colocación de 81 novos puntos de iluminación pública no rural. Nestes momentos están a acometerse traballos de mellora do viario que vai de Pontes a Soutullo, nunha pista en O Freixo e outra en Gondar. Ademais, unha en Lagarei e outra en O Castro – Vilalonga. A parte destes 444.642€, desde xuño de 2017, o goberno destinou…

Ver+

1º Certame de Regueifas do Concello de Sanxenxo

Hoxe pola mañá tivo lugar no auditorio do pazo Emilia Pardo Bazán, o I Certame de Regueifas do Concello de Sanxenxo, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do IES Sanxenxo en colaboración cos Equipos de Dinamización Lingüística do IES Vilalonga e Colexio Abrente. A idea é achegar a poesía, a regueifa e a improvisación dunha maneira lúdica ao alumnado dos centros de secundaria do municipio coa finalidade de fomentar a oralidad, a creación artística, eliminar prexuízos lingüísticos e recuperar a regueifa como unha tradición propia e un medio de achegamento…

Ver+

Campamento de verán de ESO a Mondariz. Concello de Sanxenxo

Desde o próximo 23 de abril ata o 15 de Maio, todos aqueles nenos e nenas de Educación Secundaria Obrigatoria que estean interesados en participar no campamento de verán, poderán inscribirse para solicitar a súa praza. O campamento farase do 23 ao 26 de xullo en Mondariz. No campamento poderán realizar actividades como tirolesa, rocódromo, kaiak, wakeboard, hípica, pádel surf e moitas máis. O prezo do campamento será de 180€ e para máis información ou para formalizar a inscrición poderá solicitarse no Pazo Emilia Pardo Bazán, de luns a venres…

Ver+

Intensa actividade cultural de cara á Semana Santa en Sanxenxo

Esta fin de semana terá lugar o primeiro certame de bandas de cornetas e tambores en Sanxenxo. O sábado 13 abril, a partir das 12.30 h. as diferentes bandas participantes farán un desfile cada unha desde unha rúa (Avda. de Madrid, o Paseo de Silgar e Rúa Consistorio.) Ás 12.40 h terá lugar o concerto na Praza dos Barcos, onde actuarán a Agrupación Musical Virxe da Amargura (Ferrol), a Banda da Confraría do Espírito Santo (Pontevedra) e a Banda da Confraría do Nazareno e Sto. Sepulcro (Sanxenxo) Este certame está…

Ver+

Formación en igualdade para veciños e asociacións. Sanxenxo

O vindeiro día 09 de abril ás 19:30h no Pazo Emilia Pardo Bazán, terá lugar unha xornada de formación en IGUALDADE de oportunidades entre homes e mulleres para persoal das Asociacións do Concello de Sanxenxo, e demais veciños e veciñas interesados en asistir. O papel das persoas integrantes de asociacións como axentes socializadores e de cambio, resulta fundamental para o crecemento da nosa sociedade, polo que a introdución de principios básicos de igualdade entre mulleres e homes nos parece necesario e de aplicación continuada. O obxectivo  é achegar a igualdade…

Ver+

Sanxenxo aposta por mellorar a seguridade vial no entorno dos centros educativos

Dentro do Programa de Seguridade Viaria en centros educativos, está o apostar pola mellora da sinalización das contornas de cada un deles. As áreas de Educación e Policía Local realizaron o informe previo das necesidades de cada colexio. As melloras recollidas no devandito informe afectan a CEIP CRUCEIRO, CEIP NANTES, CEIP PORTONOVO, COLEXIO ABRENTE, IES VILALONGA, CEIP A FLORIDA e ESCOLA INFANTIL O TOMBO. As obras recollen o repintado e ampliación de pasos de peóns, senllas peonís e zonas de aparcadoiro, ademais de instalación de sinalización vertical ou modificación das…

Ver+

Sanxenxo abre o prazo para inscrición nas escolas municipais de O Tombo e O Revel

Para o curso 2019-20 o prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva como de novo ingreso, é do 4 ao 26 de abril de 2019 (ambos incluídos). Os modelos de solicitude serán facilitas nas propias Escolas Infantís e no rexistro do Concello de Sanxenxo. Tamén poderán descargarse na páxina web do Concello http://www.sanxenxo.es Únicamente se poderán presentar solicitudes fóra do prazo establecido, nos seguintes casos: Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes. Cambio de concello de residencia da unidade familiar. Outras circunstancias…

Ver+