Posta en marcha do circuíto viario e do rocódromo infantil. Soutomaior

Foto: Concello de Soutomaior A educación viaria infantil debe ser educación en valores e actitudes xa que teñen as súas raíces na convivencia e no respeto a todos. Neste circuíto con todo un seguido de carrís para que os máis pequenos teñan o primeiro contacto coa bicicleta urbana. Circuíto de sentido único e obrigatorio onde os nenos teñen que seguir a sinalización de dirección.  

Ver+

Restauración da Ponte de Comboa. Soutomaior

Foto: Concello de Soutomaior Unha actuación destinada a poñer en valor un símbolo do patrimonio cultural e histórico de Soutomaior. Os primeiros traballos comezaron coas tarefas de recuperación da contorna da ponte. Con eles preténdese recuperar a contorna ambiental orixinal do enclave, polo que se eliminaron as especies de flora consideradas invasoras, como a acacia ou a mimosa, para potenciar as especies autóctonas, como o carballo ou o bidueiro. Unha vez terminada a recuperación ambiental da marxe esquerda, empezaron as primeiras tarefas de restauración na ponte, centradas na limpeza da…

Ver+

Entroido 2019. Arcade

Desfile de COMPARSAS Domingo 10 de marzo de 2019 ás 17.00 horas. (En caso de choiva, celebrarase o seguinte domingo, 17 de marzo). ¬PROGRAMA ¬Bases para o desfile de comparsas ¬Solicitude de inscrición

Ver+

Coleroteiros: Programa Camiños escolares do Concello de Soutomaior

ColeRoteiros, Camiños Escolares en Soutomaior, é un programa municipal educativo e xuvenil dirixido a facilitar que nenos, nenas, mozos e mozas poidan ir aos centros educativos camiñando ou en bici. Un proxecto global e transversal do Concello de Soutomaior que ten como fin impulsar hábitos máis saudables de mobilidade, practicar deporte, contaminar menos e favorecer a participación comunitaria. Poñendo en marcha itinerarios denominados ColeRoteiros que estarán identificados coa mascota do proxecto: Roti; As persoas inscritas poderán participar nas Rotiquedadas para ir en grupo ao cole dun xeito saudable e divertido aprendendo a percorrer estes camiños…

Ver+

Obxetivo: Reducir o uso das bolsas de plástico. Soutomaior

O Concello de Soutomaior acaba de presentar a súa campaña de concienciación sobre a necesidade de reducir o uso de bolsas de plástico entre os seus veciños. Para iso repartiranse 1500 bolsas da compra de polietileno que os veciños poderán recoller nos centros municipais e en diversos supermercados. A iniciativa ten como obxectivo o facilitar a transición dos veciños no proceso de cumprimento da directiva europea que obriga aos establecementos comerciais a tomar medidas para frear o uso de bolsas de plástico entre os seus clientes, e que previsiblemente finalizará…

Ver+

Reparto de composteiros individuais. Soutomaior

O Concello de Soutomaior repartirá composteiros individuais para potenciar a reciclaxe doméstica e reducir residuos Acaba de poñer en marcha unha nova campaña para potenciar a reciclaxe doméstica entre os seus veciños coa entrega de novos composteiros individuais. Unha iniciativa levada a cabo pola concellería de medio ambiente coa que se busca reducir os residuos orgánicos xerados polos fogares para a súa transformación en fertilizante natural. Os interesados deberán presentar a súa solicitude no rexistro municipal e o mestre composteiro municipal poñerase en contacto con eles para concertar unha cita…

Ver+

Teatro de Humor: “A Enferma por Amor”. Soutomaior

Domingo día 3 de febreiro ás 19,00 h. – Multiusos de Arcade MDM Producións, que volve traballar a dramaturxia de Carlo Goldoni nunha das súas comedias máis graciosas inédita en España. A moza Lucrezia filla do comerciante Pantalone, está namorada do doutor Onesti, por iso fínxese enferma para ver todos os días ao seu amado. O doutor Onesti, intúe que a enfermidade da nova é soamente imaxinaria… Á súa vez, apoiados nisto polo moi oportunista boticario Agapito, ao redor de Lucrezia, e chamados polo seu pai, que se atopa desesperado…

Ver+