A vila de Barcelos (Portugal) convida aos pontevedreses á Festa das Cruzes

Foto: Municipio de Barcelos Unha delegación de Barcelos (Portugal), coa vicepresidenta da Cámara municipal, Armandina Soleiro, ao fronte achegouse  a Pontevedra para dar a coñecer e convidar aos pontevedreses e pontevedresas á “Festa das Cruzes”, a primeira gran romaría do Minho que terá lugar do 25 de abril ao 3 de maio nesta localidade portuguesa. O evento, que ten a súa orixe no século XVI, mistura hoxe en día cultura, folclore, gastronomía e relixiosidade. Grupos folclóricos fixeron un percorrido polas rúas da cidade amosando “un anaquiño de Barcelos” ao seu…

Ver+

Os mundiais de tríatlon contarán coa presenza de 50 voluntarios portugueses . Pontevedra

O Concello de Pontevedra asinou hoxe un convenio de colaboración co Instituto Portugués do Desporto e da Juventude -situado en Porto- para reglar a participación de 50 voluntarios portugueses nos vindeiros mundiais de tríatlon. O convenio foi asinado pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro en nome do Comité organizador do 2019 Pontevedra ITU Multisport Triathlon World Championships. O acto celebrouse na Casa do Desporto, en Porto, e comezou cunha xuntanza política e tamén técnica na que participaron Anxos Riveiro os coordinadores do voluntariado dos campionatos, xunto a Vitor Baltazar Dias,…

Ver+

O Concello convoca o 35 Premio de Poesía Cidade de Ourense

O certame de poesía en lingua galega ou portuguesa abre ate o 12 de abril o prazo para presentar traballos O Concello de Ourense convoca a edición número 35 do Premio de Poesía Cidade de Ourense, que distinguirá o mellor traballo inédito e orixinal escrito en lingua galega ou portuguesa. A xunta de goberno local aprobou esta semana as bases e a convocatoria do tradicional certame, dotado cun premio de 6.000 euros e a publicación da obra gañadora. O ano pasado tivo como gañador o poeta allaricense Carlos da Aira,…

Ver+

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

Foto©Porgaliciabaixo O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, son á fin e ao cabo, sucesoras e continuadoras daquelas vías romanas que percorrían a Gallaecia da época do Imperio Romano, a coñecida como Vía XIX, mandada construír polo emperador romano Caracalla (1) O pobo portugués sempre participou intensamente desta ruta, que tamén foi apoiada pola súa nobreza e…

Ver+

O Río Támega

O Río Támega é un río nacido en Galicia e afluente importante do Douro ao seu paso por Portugal.O seu nome débese a un antigo pobo asentado nesta zona no período pre-romano: os tamaganos; eran os habitantes da comarca do Val de Monterrei, por onde discorre este río. O seu nacemento atópase na Alberguería na Sierra de San Mamede (cerca do lugar chamado Prado), no Concello ou Municipio de Verín. Entre Galicia e Portugal percorre uns cento trinta e cinco quilómetros, e no noso territorio, o galego, baña os municipios de Laza, Castrelo, Verín, Monterrei e Oimbra, pasando por…

Ver+

O Río Limia

O Río Limia ou “o Río do Esquecemento” como crían os romanos cando se atoparon na tesitura de atravesalo. Contan as crónicas que alá polo ano 138 antes de Cristo chegaron as lexións romanas co imperator (xeral) Décimo Bruto Juno á cabeza, ante o curso deste río tendo que deter o seu avance polo temor dos lexionarios a cruzar o río. Por que lle tiñan ese medo?; porque entre outras cousas os soldados romanos neste caso, e o pobo romano en xeral, crían é os seus propios mitos e lendas, e…

Ver+

Transformación do Santa María en Santa Liberdade; o primero secuestro político da Historia dun barco

Ata John Fitgerald Kennedy chegou este caso, e aínda que puidésemos pensar pola época na que se enmarcaque o secuestro podía ser perpetrado por cubanos, rusos ou calquera cidadán dos países do pano de aceiro da época; e o certo é queeste primeiro secuestro político dun barco foi protagonizado e capitaneado polos galegos Xosé Velo, o seu fillo Víctor e o mariño Jorge Fernández “Soutomaior” por parte de Galicia, e doutra banda os portugueses Humberto Delgado e Enrique Galvao. Vinte e catro persoas participaron neste acto, todos pertencentes á organización coñecida…

Ver+

Vida e desaparición de Pedro Madruga

Durante o reinado de Enrique IV (1455-1474), don Pedro, beneficiándose do favor e a debilidade da coroa, consolida e incrementa os seus dominios. Éstes consistían, inicialmente, no castelo de Soutomaior, que Vasco da Ponte (cronista galego de comenzos do s. XVI), evalúa como casa de setenta ou oitenta lanzas. Exercía o control directo sobre outra serie de casa fortes e torres que salpicaban o suroeste de Galicia dende o río Ulla ata o Miño; entre elas: Trinidad, Alba, Cotobade e Fornelos. Contaba, igualmente, coa posesión en feudo dun total de…

Ver+

O Couto Mixto: A Andorra Galega

Foto: Wkipedia // Lameiro (Publicado o 6 de outubro , 2016) O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus. Ocupaba unha superficie de 26,9 Km² e tiña, en opinión de Pascual Madoz, unha poboación de 200 veciños no 1845, é dicir, o equivalente a 800-900 habitantes. Descoñécese a orixe da súa institución, ligada dende a Baixa Idade Media ó castelo da Picoña, posteriormente…

Ver+

A guerra também foi nossa. Portugueses na Guerra Civil de Espanha

O Concello de Pontevedra, en colaboración coa comisión pola memoria histórica “Sempre con vós. Cidadanía pola verdade”, xunto co “Instituto de Estudos Miñoranos” de Gondomar e a “Asociación Cultural Vagalumes” da Estrada traen a Galiza o documental “A Guerra também foi nossa”, unha reportaxe da Radio e e Televisão de Portugal sobre a historia dos portugueses represaliados por Franco na guerra civil española. Proxectarase nos tres concellos entre os días 30 de maio e 1 de xuño, contando coa presenza das autoras. A guerra civil tamén marcou para sempre a…

Ver+