O Concello iniciará o vindeiro mes a campaña de compostaxe individual no rural pontevedrés

O Concello de Pontevedra iniciará a finais de mes ou primeiros de febreiro o despregue dos 8.000 composteiros individuais no rural pontevedrés. Comezará polas parroquias de Salcedo, Tomeza e Campañó, onde xa se tiñan realizado experiencias piloto, algunhas que datan de hai dez anos e outras máis recentes de fai cinco anos. Así o anunciou esta mañá o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores no transcurso da sinatura dun convenio coa Deputación provincial e a Federación Rural Galega, encargada de achegar o persoal necesario para o funcionamento desta campaña no rural…

Ver+

Apoio e colaboración aos afectados polos trazados da A-57 – Pontevedra

O Concello de Pontevedra mantivo esta mañá unha reunión cunha ducia de veciños afectados polo trazado da circunvalación da cidade (A-57) ao seu paso entre A Ermida (Marcón) e Pilarteiros (Xeve). Foron os concelleiros Demetrio Gómez, coordinador do Rural e Alberto Oubiña, responsable de parte das parroquias afectadas, os que mantiveron este encontro por máis dunha hora, nas dependencias municipais. O Concello ofreceulles toda a colaboración tanto administrativa como técnica, na presentación das alegacións que realizarán ante o Ministerio de Fomento. No encontro, ambos concelleiros recordaron que Pontevedra leva máis…

Ver+

O Concello e Fenosa acordan soterrar o transformador de Barcelos – Pontevedra

O Concello de Pontevedra chegou a un acordo técnico coa empresa Fenosa para soterrar o transformador eléctrico do colexio de Barcelos, fóra do recinto escolar. Logo dunha reunión entre técnicos municipais e da empresa, acordouse que o soterramento se faga próximo á zona actual, pero no exterior do edificio, e o custe será asumido polo Concello. A obra comezará con carácter inminente, unha vez que se concrete por parte de Fenosa o custe deste soterramento. Ademais, simultanearase coa reforma da rúa Rouco que está previsto iniciar, tamén, nas vindeiras semanas,…

Ver+

Visitando “A Chave do Reino de Galicia”: Allariz

Foto©Porgaliciabaixo Allariz é unha xoia medieval engastada nun remanso do río Arnoia que soubo conservar con moito éxito todo o legado do que é depositaria. A vila estivo unida ao poder real desde o seu nacemento, pois lle debe xa o seu nome ao rei suevo Alarico, que repoboou estas terras alá polo século V, sendo en distintas ocasións ao longo da idade media capital do Reino de Galicia e asento da corte de Castela. No seu núcleo estivo asentada a corte literaria que, creada por Afonso X O Sabio,…

Ver+

Polas terras da D.O. Monterrei

Monterrei, dominado pola súa cidade-fortaleza, e Verín, terra de entroidos ancestrais, mostrarannos os segredos do viño da máis xove denominación de orixe galega. A beleza e monumentalidade do Val de Monterrei Propoñémosvos chegar a primeira hora da tarde ao Val de Monterrei, na marxe do río Támega. Estamos na zona suroriental da provincia de Ourense, moi preto de Portugal. Tras deixar as maletas no hotel comezaremos esta aventura enoturística explorando as fermosas poboacións do val. A parroquia de Vilaza, no concello de Monterrei, resulta un excelente punto de partida, pola súa proximidade ao enlace…

Ver+

Mel De Galicia, O Doce Das Pequenas Cousas

“A vida é un doce con sabor a mel”. Cada día está feito de pequeniños momentos, instantes especiais que compartes coa túa familia, cos teus amigos, cos teus seres queridos, que enriqueces co sabor do mel.  O Mel de Galicia, un produto totalmente natural, e dos máis importantes da apicultura galega, está amparado e certificado coa denominación de Indicación Xeográfica Protexida (IXP), a cal avala que cumpre cunha serie de requisitos de calidade óptimos. Aínda que o Mel de Galicia é unha denominación única e un produto intimamente ligado ao…

Ver+

A Lamprea: Única e inigualable

Posiblemente moitos dirán que non hai un produto en Galicia máis singular. Outros moitos afirmarán que non hai produto máis exquisito, que é un prato digno de deuses. Outros dubidarán se fincarlle o dente ou non… Pero o certo é que para opinar, hai que probala! A lamprea é un peixe azul moi primitivo que xa habitaba os ríos e mares da Terra hai máis de 400 millóns de anos. Ten forma de anguía e o seu trazo máis identificativo é a súa boca e a súa forma de alimentarse:…

Ver+

A Historia da Festa do Marisco do Grove

Desde 1963 celébrase, ao chegar o mes de outubro, a “Festa do Marisco” en este, municipio das Rías Baixas Galegas. Este evento gastronómico- cultural pon de relevo os alicerces básicos da economía deste pobo costeiro: o turismo e a pesca. Ambos os conxugados fan posible que esta festa de promoción cultural siga adiante. O obxectivo inicial desta celebración era exaltar o marisco das nosas costas e tras varias edicións do certame O Grove alcanzou o sobrenome de “Paraíso do Marisco” que aínda hoxe ten a gala e distíngueo doutros municipios.…

Ver+

O Albariño de Soutomaior

O albariño de Soutomaior ten lexítima, xusta e merecida fama e como din moi certeiramente os de Soutomaior, é o mellor do mundo. Ademais da súa calidade o albariño é sempre aquí o complemento ideal de vida. Os seus viñedos adornan a paisaxe e a vendima ten aquí unha liturxia especial. A uva albariña de exquisita redondez loce co ouro mellor deses días de comezo do outono, cando o sol é tímido e os homes e mulleres a transportan da viña ao lagar, onde se garda coa honra que este tesouro…

Ver+

Unha árbore Monumento: A Carballa da Rocha

Foto: Turismo de Galicia A Carballa da Rocha é un carballo situado no concello de Rairiz de Veiga (provincia de Ourense), declarado Monumento Natural pola Xunta de Galicia o 1 de marzo do ano 2007, englobando seis leiras lindeiras que suman 0,6429 ha. Tamén foi declarada árbore senlleira o 17 de abril do 2007. O exemplar convive con outras árbores centenarias de propiedade particular, o que queda dunha antiga carballeira que medraba nas beiras da desecada Lagoa de Antela. O toro é corpulento, o seu perímetro na base é de 820 cm,…

Ver+

Tomando conciencia cos lumes: O banco máis triste do mundo tamén está en Galicia

É a historia dun banco de pedra e as súas vistas. A historia de quen sentan aquí e cústalles ver futuro entre as cinzas. Ao redor deste banco, hai máis de 3000 hectáreas calcinadas. O incendio máis grave do verán en Galicia deixou estas vistas desoladoras e moitas dúbidas sobre a recuperación desta serra. Aquí comezaron a plantar árbores para a esperanza, pero os veciños piden sobre todo investimento e medidas de recuperación ambiental. Ver vídeo:  Fuente: 20minutos

Ver+