Visitando “A Chave do Reino de Galicia”: Allariz

Foto©Porgaliciabaixo Allariz é unha xoia medieval engastada nun remanso do río Arnoia que soubo conservar con moito éxito todo o legado do que é depositaria. A vila estivo unida ao poder real desde o seu nacemento, pois lle debe xa o seu nome ao rei suevo Alarico, que repoboou estas terras alá polo século V, sendo en distintas ocasións ao longo da idade media capital do Reino de Galicia e asento da corte de Castela. No seu núcleo estivo asentada a corte literaria que, creada por Afonso X O Sabio,…

Ver+

Ruta Castelo de Soutomaior e O Castelo de Castrizan (“A Peneda”)

Click Aqui ¬Ligazón a Google Maps Partindo de Pontevedra cidade e moi próximo, atópase esta marabilla en perfecto estado: o Castelo de Soutomaior, terras do lendario Pedro Madruga. Igualmente estando na zona non podemos deixar de visitar a capela na Peneda onde antiguamente atopábase o Castelo de Castrizán Castelo de Soutomaior está situado nun lugar verdadeiramente privilexiado pola ampla paisaxe que dende alí se divisa, a uns 119 metros sobre o nivel do mar, dominando o territorio enmarcado polo val do río Verdugo, dende a súa confluencia co Oitavén ata…

Ver+

Roteiro pola Ribeira Sacra (Ourense- Lugo)

Miles de historias e lendas rodean este impresionante lugar, pero de entre todas elas sorprendeunos este relato de claras reminiscencias clásicas: Pero a súa esposa, a deusa Juno, non estaba polo labor de compartir o seu amor cunha estraña, polo que pensou que, si na face daquela fermosa terra abría unha gran ferida, Júpiter terminaría por repudiala. Unha ferida que nalgúns lugares case alcanza os 300 m. de desnivel na vertical e que hoxe son os marabillosos “Canóns do Sil”. ¬CLICK AQUÍ PARA VER OU DESCARGAR O ROTEIRO

Ver+

Paseo polo Xardín do Posío – Ourense

Paseo desde a Rúa Dous de Maio de Ourense, pasando por diferentes prazas, a Igrexa da Trinidade, o Instituto Otero Pedrayo, para entrar de cheo e pasear polo Xardín do Posío (Ourense cidade).  

Ver+

O Pazo do Pousadouro en Redondela e a familia Marcó del Pont

Foto: Wikipedia /Zeldaatila Esta situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia de Reboreda. A fundación do pazo data do ano 1740, da man de Francisco Casimiro Marcó del Pont , militar galego e gobernador da Corona Española en Chile. O brasón da familia fica na entrada do pazo. Francisco Casimiro Marcó del Pont Díaz Ángel Méndez, (nado en Vigo en 1770 e finado en Luján (Arxentina) o 19 de maio de 1819), era fillo de Buenaventura Marcó del Pont e Juana Ángel Méndez, militar galego e gobernador da Corona Española en Chile. Foi unha…

Ver+

O Pazo de Oca, “O Versalles Galego”

Foto: Wikipedia //Lansbricae O Pazo de Oca é unha casa señorial galega construída entre os séculos XVII e o XVIII. Está situado na parroquia de Santo Estevo de Oca, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra, (Galicia). Encontrase no val do río Ulla, a uns trinta quilómetros ao sueste da cidade de Santiago. Foi rematado no século XVIII, xunto a unha vella fortaleza medieval. Está composto polo propio pazo, a capela e as vivendas dos traballadores.  A primeira familia propietaria do pazo foi a de Don Suero de Oca. Na actualidade pertence…

Ver+

Capela da Carballeira de San Xusto – Cotobade (Pontevedra)

A pequena ermida conserva o presbiterio cuberto, do século XV/XVI, con bóveda de nervaduras. Remata en cúpula central dun só van. Ten un pequeño adro pechado por muro baixo que quizais fora en orixe ao que se lle engadiu recentemente un crecemento en altura transformándose nun pórtico de acceso sobre columnas con tellado a tres augas. Neste soportal ábrese o acceso principal, porta alintelada enmarcada por pilastras caixeadas que rematan en liña de imposta, e dous pequenos vaos enreixados sobre os que se sitúa o lintel con inscrición de ampla…

Ver+

Barro; entre capelas e muíños

Na foto San Martiño. Agudelo. Barro. As pegadas da antiga ocupación humana remítennos aos castros de Barro e Randulfe, ademais dos restos romanos da antiga Vía XIX. É necesario subliñar a igrexa de San Martiño de Agudelo, con notables restos tardorrománicos na ábsida (nun capitel represéntase un músico cunha zanfona e unha viola) e na portada occidental, na que destaca a figura de San Martiño co Agnus Dei  no seu tímpano. Débese destacar igualmente a igrexa de Santa María de Curro, con abundantes restos tardogóticos, así como a barroca de…

Ver+

7 razóns para non perder as Rías Baixas: Festivais e turismo

Sempre existen máis razóns ca as musicais para acudir aos festivais. As actividades de lecer paralelas aos concertos constitúen unha oferta variada e alternativa para gozar do conxunto das Rías Baixas en todas as súas dimensións. Unha maneira de facer turismo de paisaxes, gastronomía e cultura que te sorprenderá. 1. As Praias Un dos grandes atractivos das Rías Baixas son as praias de area branca e fina coas súas tranquilas augas. É o caso de Praia América en Nigrán, un dos areais urbanos máis visitados, ou os areais de Vigo; tamén as calas accesibles por sendeiros do Parque…

Ver+

Mosteiro Parador De Santo Estevo De Ribas De Sil

Foto: Wkipedia/  José Antonio Gil Martínez Antigo mosteiro benedictino situado na comarca de Ourense, ó norte do municipio de Nogueira de Ramuín, na ladeira meridional do río Sil. Aínda que se atribuíu a súa fundación a San Martín Dumiense no século VI, a primeira documentación conservada é un privilexio de Ordoño II do ano 921; nel autoriza ao abad Franquila a reconstruír o mosteiro, concedéndolle numerosas posesións. Durante os séculos posteriores crece a súa importancia, creándose a que parece en parte lenda, que afirma que durante os séculos X e XI…

Ver+