Arquitectos de Barcelona visitan Pontevedra para coñecer o modelo de cidade

O Concello de Pontevedra recibiu esta mañá a visita do equipo do Departamento de Prospectiva da Dirección de Modelo Urbano da Área de Ecoloxía, Urbanismo e Mobilidade do Concello de Barcelona, encargado do proxecto das “Superillas”. O equipo deste departamento está integrado por nove arquitectos coordinados por Rosa López Olmos quen explicou que a visita a Pontevedra está enmarcada dentro do intercambio de información que está a realizar con outras cidades co propósito de mellorar a calidade de vida dos barceloneses. Rosa López explicou que a pretensión do Concello de…

Ver+

O Cemiterio Dos Ingleses

As nosas costas, e sobre todo, a famosa “Costa da Morte”, é temida en todo o mundopola súa dureza, é a cara implacable e severa da costa galega, con fortes ventos, cantiis inclementes e con grandes arrecifes e roquedales. O certo é que a pesar da súa crueza, a Natureza neste punto ofrece unha estampa espectacular, pero tamén impresiona, e é cruel. Todos temos recordos “negros” na nosa memoria desta costa con naufraxios importantes, pero como é lóxico, antigamente era moito peor, porque claro non había gardacostas, nin helicópteros que…

Ver+

Barro; entre capelas e muíños

Na foto San Martiño. Agudelo. Barro. As pegadas da antiga ocupación humana remítennos aos castros de Barro e Randulfe, ademais dos restos romanos da antiga Vía XIX. É necesario subliñar a igrexa de San Martiño de Agudelo, con notables restos tardorrománicos na ábsida (nun capitel represéntase un músico cunha zanfoña e unha viola) e na portada occidental, na que destaca a figura de San Martiño co Agnus Dei  no seu tímpano. Débese destacar igualmente a igrexa de Santa María de Curro, con abundantes restos tardogóticos, así como a barroca de…

Ver+

Cursos do programa formativo XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE 2019 do GDR Pontevedra Morrazo.

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle dende este mércores o primeiro curso do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable 2019 dedicado a horticultura ecolóxica que organiza o GDR Pontevedra Morrazo e que se desenvolverá ao longo do mes de maio e xuño. Tralo éxito do ano anterior, a nova proposta formativa do GDR que conta con máis de 30 inscritos abordará ao longo das  de 54 horas lectivas do programa  os fundamentos da horticultura e gandería ecolóxica, a xestión sustentable do monte e producións alternativas así como un curso transversal…

Ver+

V Xornadas das Alfombras Florais. Bueu

A pouco máis dun mes para a celebración da festividade do Corpus (este ano será o 23 de xuño), dende a Asociación das Alfombras de Bueu, en colaboración co Concello de Bueu e outras entidades, presentan as V Xornadas das Alfombras Florais, que inclúe exposición fotográfica, diversas conferencias e gala de homenaxe a alfombristas. Así o anunciaron na rolda de prensa deste mércores na que estiveron presentes Xosé Leal, concelleiro e deputado de cultura, e Carmen Santos, presidenta da Asociación. O programa, que se estende ata finais de mes, arranca…

Ver+

Bo sabor de boca tras o desenvolvemento da 56 Feira do Viño do Ribeiro

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanzou a súa 56ª edición, tivo lugar os pasados días 3, 4 e 5 de maio de 2019, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), presenta as valoracións da edición recentemente rematada. Despois de recoller e analizar os datos e as opinións dos axentes implicados no evento (en especial a das adegas e colleiteiros), o balance que se fai dende a organización do evento (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro) é positivo, xa que se estima que durante os tres días…

Ver+

Bandeiras azuis nas praias de Sanxenxo

A praia de Panadeira recupera a bandeira azul e Sanxenxo amplía unha bandeira máis a nivel nacional. Coa chegada da bandeira azul á praia de Panadeira, Sanxenxo acumula 17 areais con bandeira azul dos 18 posibles.  Así pois, Sanxenxo terá 14 bandeiras azuis en 17 areais. A lista de bandeiras azuis é a seguinte: Areas Panadeira Silgar Baltar Caneliñas Canelas Paxariñas Montalvo Pragueira Major Bascuas A Lanzada- O Espiñeiro Foxos- Nuestra Señora de A Lanzada Areas Gordas- A Lapa Coa recuperación desta bandeira,  Sanxenxo recuperou en tan só 2 anos,…

Ver+

Técnicos do Servizo intermunicipal de recollida de lixo do Gran Porto achéganse a Pontevedra para coñecer os composteiros comunitarios

Unha vintena de técnicos e responsábeis do LIPOR, o servizo intermunicipalizado de xestión de residuos do Gran Porto, está na cidade para coñecer “in situ” a experiencia dos composteiros comunitarios. No seu percorrido polos centros de compostaxe instalados en Eduardo Pondal, A Parda, Camiño de Ferro e Ponte Boleiro estiveron acompañados polos técnicos municipais e provinciais que están ao fronte da implantación e seguimento do proxecto. A concelleira responsable de Servizos, Carme da Silva, intercambiou impresións cos integrantes da delegación lusa, moi interesados en ter información polo miúdo do sistema…

Ver+

‘Xardíns de Cine’ en Allariz. Estreo o 12 de maio

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abrirá as portas da súa décima edición este domingo, día 12 de maio ás 20:00h. Baixo o tema central “Xardíns de Cine”, o Festival, que poderá ser visitado ata o 3 de novembro, alberga doce xardíns efémeros seleccionados entre 37 propostas recibidas dende diferentes puntos da xeografía mundial. Destes doce, dez xardíns entran en concurso a través da votación do público que visita anualmente o recinto. Móstranse, ademais, o xardíns gañador do ano pasado, o portugués Forbidden Garden e o xardín deseñado polo…

Ver+

Bandeira Azul para catro praias de Bueu

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) vén de anunciar as bandeiras azuis para os areais de España durante este verán. Así, o Concello de Bueu mantén as catro bandeiras azuis nas praias de Area de Bon, Portomaior, Lagos e Lapamán, nas que se valoraron a calidade das augas, a información e educación ambiental, a seguridade, os servizos e as instalacións. Ademais, a vila morracense consegue o distintivo azul para o sendeiro de Cabo Udra e a Aula da Natureza deste espazo, así como para o Centro de…

Ver+

A Corporación de Bueu aproba unha declaración de apoio á veciñanza da Illa de Ons

A corporación local de Bueu aprobou na sesión plenaria celebrada este luns no Centro Social do Mar unha declaración institucional de apoio á veciñanza da Illa de Ons, para reivindicar o seu libre acceso á Illa. Na moción, aprobada por unanimidade tras ser consensuada nunha Xunta de Voceiros e nunha reunión coa veciñanza, acordouse esixir á Xunta de Galicia o recoñecemento das veciñas e veciños de Ons e o seu círculo e entorno familiar como elementos fundamentais de Ons, comprometéndose a garantir o exercicio dos seus dereitos, entre os que…

Ver+