Bosques Mariños Galegos: Laminarias

Foto: Wikipedia / Stemonitis Nomes: Laminaria Ochroleuca, Laminaria, Canouco, Julión, Follada, Cinchón, Cachopo, Kelo, Laminaire. Na maior parte de de os fondos mariños galegos podemos atopar estes bosques de Laminarias. Conforman un importantísima ecosistema no que se protexen e crían numerosas especies de invertebrados – como as centolas– e multitude de peces. Estes bosques mariños ademais de por as Laminarias están compostos por outra gran riqueza de algas; pero as máis características son as propias Laminarias e a L. Hyperborea ; que son as que precisamente proporcionan esa inconfundible cor amarronado aos…

Ver+

Festival Internacional de Poesía de Pontevedra. Chega PontePoética’9

Manuel Vilas, Valter Hugo Mäe, Jan Wagner, Antònia Vicens, Castillo Súarez, Baldo Ramos, Pilar Pallarés, Ismael Ramos e Silvia Penas… un elenco de luxo que fala de calidade, variedade e compromiso coa poesía. Chega o Festival Internacional de Poesía de Pontevedra, PontePoética’9. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou hoxe a novena edición do festival e fíxoo acompañada de Yolanda Castaño, directora de PontePoética e de Antón Sobral, directivo do Ateneo de Pontevedra, os alma mater dunha cita, cuxa continuidade -estamos no noveno ano- é un fito ao que se…

Ver+

Mellora dos accesos ao Centro de Interpretación da Auga. Pontevedra

O Concello acondicionará o acceso e a parcela na que se sitúa o Centro de Interpretación da Auga nas instalacións do depósito regulador de abastecemento de Pontevedra, situado no Cimbelo, parroquia de Lérez. Esta inversión terá un custe de 280.097,65 euros e farase con cargo ás melloras do novo contrato do ciclo da auga que desenvolve a empresa Viaqua. Na actualidade este centro de interpretación dispón de moi difícil acceso dende a estrada ao Castelo, na parroquia de Lérez. A intención é melloralo ampliándoo, creando ramplas e tamén escaleiras en…

Ver+

Festa da degustación de Millo de Corvo. Meiro (Bueu)

O lugar bueués de Meiro acolle do 5 ao 7 de abril o XXI Encontro – Degustación do Millo Corvo, unha festa que nace no 1998 coa vocación de recuperar esta variedade de millo negro que se utilizaba no pasado e que se foi perdendo co paso do tempo. Por iso, dende a Asociación Cultural Meiro tomaron a iniciativa e a día de hoxe conseguiron que este encontro gastronómico e cultural sexa un atractivo da terra morracense, como demostra a súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia. ¬VER…

Ver+

O Concello de Pontevedra reúnese con veciños de Xeve e Verducido con motivo dos Mundiais de Tríatlon

O Concello de Pontevedra segue a manter nestas semanas encontros veciñais para explicar pormenorizadamente os percorridos dos campionatos do mundo de tríatlon que se celebrarán na cidade do 26 de abril a 5 de maio. Onte foi no Teleclub de Santo André de Xeve, e hoxe pola tarde, ás 20.30 horas, será no Local social de Verducido. Aos encontros asisten a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, a concelleira delegada do rural, Pilar Comesaña e o portavoz da Policía Local, Manuel Omil, que ademais de explicar os percorridos das probas que…

Ver+

A Feira do Viño de Ribeiro ábrese aos distribuidores e ao enoturismo: O RibeiroBus

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 56ª edición, terá lugar os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio de 2019, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), da a coñecer dúas actividades novidosas para a presente edición. Por un lado, despois de varias reunións coas adegas e colleiteiros participantes, (lémbrase que este ano participarán un total de 38 adegas) e de observar que ano tras ano medraba o interese e a presenza de distribuidores ao longo dos días do evento decidiuse facilitar o…

Ver+

Ponteguapa cambia as datas da repartición de plantas polo mal tempo. Pontevedra

A Concellería de Parques, Xardíns e Medio Natural informa do cambio de datas de repartición de plantas que se está a facer ao abeiro de Ponteguapa, a iniciativa municipal coa que Pontevedra dálle a benvida á primavera. Quedan tres quendas de repartición por facer, após das realizadas os pasados días 29 e 30 de marzo nas praza da Peregrina e rúa Virxe do Camiño. As novas datas son as seguintes: Xoves, 11 de abril – Praza da Audiencia – 18.00 horas Venres, 12 de abril – Praza do Hospital –…

Ver+

O modelo de cidade pontevedrés visita Dublín

O Concello de Pontevedra participou  nunha xornada organizada pola Oficina do Parlamento Europeo en Dublín para abordar o cambio climático na capital. Até alí se trasladaron os concelleiros de Promoción da Cidade e Obras, Anabel Gulías e Demetrio Gómez, que expuxeron os logros de Pontevedra na mellora da calidade de vida dos veciños, unha exposición que suscitou moitas preguntas entre os presentes. A xornada trataba de abordar como Dublín debe afrontar o cambio climático, e a participación de Pontevedra pretendía ofrecer a visión dende a redución de vehículos, co obxectivo…

Ver+

Aberto o prazo de preinscrición para o programa formativo do GDR Pontevedra Morrazo

Dende o luns 01 de abril estarán abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable 2019 que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo os vindeiros meses de maio e xuño. No marco da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 O GDR Pontevedra Morrazo deseñou o programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable para desenvolver no territorio reforzando e mellorando as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal. O programa formativo de 54 horas lectivas, ten unha dobre finalidade: Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal…

Ver+